miércoles, 25 de febrero de 2015

The Buttshakers "Night Shift"

Este álbum xa volo recomendamos, hai un mes máis ou menos, cando publicamos no blog a nosa lista cos 5 discos do Black Grooves 2014 en medio de todo o material de Singles2014 co mellor do ano pasado, pero o fin de semana pasado nos preguntaron unhas cantas veces por The Buttshakers, así que aquí vai outra vez por separado, coa breve intro que fixemos entón: 
Os franceses The Buttshakers foron uns dos grandes triunfadores do ano nas nosas sesións das Black Grooves. Despois do lonxano "Headaches and Heartaches" do 2010, e do ep do 2013 "Wicked Woman", a comezos do 2014 lanzaron o seu esperado segundo LP "Night Shift". 12 temazos de raw soul, rhythm'n'blues e funk de factura impecable, descaro groove e a potente voz de Ciara Thompson. Discazo!!.

THE BUTTSHAKERS "Night Shift"
(Copasetic Disques, 2014)



No hay comentarios: