jueves, 5 de marzo de 2015

Steve Earle & The Dukes "Terraplane"

Xa tiñamos ganas de máis material de Steve Earle, e aquí está de volta xunto con The Dukes, fiel á súa entrega de cada dous anos, como nos leva acostumando dende hai moito tempo. 
Un tipo incansable, guitarrista excepcional e investigador musical, con 40 anos de carreira e os máis xovenes aínda o seguen a descubrir vendo a serie Treme, pero hai máis de 30 anos que fusionou rock, blues, country e folk no Americana como xénero, e dende entón, sempre buscando máis fondo nas raíces. 
Neste "Terraplane" céntrase no blues, din que inspirado en Lightnin' Hopkins e Mance Lipscomb, pero o feito é que o resultado é tremendo, sentido e potente a partes iguais, cada cousa no momento preciso. As raíces socarronas postas en 'Ain't Nobody's Daddy Now', 'Baby's Just as mean as me' ou 'Acquainted with the Wind', e as máis contundentes como 'The Tennessee Kid' ou 'King of the Blues'. Recomendado!!

STEVE EARLE & THE DUKES "Terraplane"
(New West Records, 2015)



No hay comentarios: