martes, 28 de abril de 2015

The Brian Jonestown Massacre "Musique de film imaginé" + adianto con Tess Parks

Anton Newcombe non para nunca, e desta vez con dúas novidades nun só mes. Preséntanos  un álbum firmado polo seu proxecto principal The Brian Jonestown Massacre, que ben podería ter firmado en solitario, "Musique de film imaginé" son 14 pezas, como o seu propio nome indica, inspiradas nun filme imaxinario que segundo Newcombe é un homenaxe ó cine da New Wave francesa dos 50s e 60s, que podería estar dirixirido por Truffaut ou Godard. So aparecen as voces da francesa Soko, e da polifacética Asia Argento, o resto todo instrumental, aínda que non sei se moi cinematográfico, porque agás un par de pezas parece máis axeitado para un documental de Leni Riefenstahl, ou como moito para o Hiroshima de Resnais. 
Non esperedes nada que ver con todo o anterior, pero buscade un momento axeitado para escoitalo de tirón.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Musique de film imaginé"
(A Records, 2015)



TESS PARKS & ANTON NEWCOMBE
Pero o que sí vos imos a recomendar é outro dos seus novos proxectos. A miúdo cando traballa de productor no seu estudio, remata por involucrarse directamente, e isto acabou pasando coa prometedora Tess Parks. A semana pasada saiu un 10'', lanzado como Tess Parks & Anton Newcombe, con só dous temas 'Cocaine Cat' na A, e 'Mama' na B, nos que si atoparedes ese son característico de psychodelia acústica dos BJM, e ven a se-lo adianto do álbum "I declare Nothing" que lanzarán en xuño, e ten pintaza!!


No hay comentarios: