miércoles, 1 de abril de 2015

The Sonics "This is the Sonics"

Esto de que The Sonics publiquen novo álbum non nos gusta nada, pero aquí está, case 50 anos despois do seu último traballo coa formación orixinal. 
O legado dos Sonics xa foi bastante maltratada no seu momento cando Jerden Records exprimeu a marca sen os seus compoñentes, e agora, despois de varios anos de xira de reunión, volveron ó estudio para grabar novos temas e lanzar novo álbum. No 2011 xa publicaran o Ep titulado "8", totalmente innecesario, e que por sorte pasou bastante desapercibido, e o ano pasado lanzaron o split compartido cos Mudhoney no que aportaban o tema 'Bad Betty' que era o adianto deste próximo "This is The Sonics", aínda que a versión que inclúen agora xa é outra. En realidade todo o álbum sona como aquel tributo que montaron The New Strychnines no 2004, un supergrupo con membros de Mundhoney, Monkeywrench e os Young Fresh Fellows e que foron os principais promotores da reunión da banda orixinal. Agora neste "This is the Sonics" participan tres dos membros orixinais, Jerry Roslie, Larry Papyra e Rob Lind, xunto co xa habitual Freddie Dennis no baixo, e Dusty Watson na batería.
O resultado alomenos é bastante digno, e moi divertido, pero non podemos abstraernos da súa historia. A maioría dos temas son versións de standards de rhythm'n'blues coma o 'I don't need no doctor' de Ray Charles, o 'You can't judge a book by the cover' de Bo Diddley, o clásicazo da Motown 'Leaving Here' de Eddie Holland, as versións macarras do 'The Hard Way' dos Kinks e do 'Sugaree' de Marty Robbins, ou máis recentes coma o 'Be a Woman' dos Persian Rugs. Logo as orixinais xa teñen moita menos chispa: 'Bad Betty', 'Save the Planet', e a versión de si mesmos 'Livin' in Chaos'. 
Grabado en mono coa producción de Jim Diamond, o sonido nin me convence nin lle fai xustiza á súa lenda (semella máis inspirados nos New Strychnines que nos propios Sonics), pero é o que hai. Divertido un rato, pero seguro que nos olvidamos del bastante rápido. Eso sí, o mérito destes mitos vivintes non se pode negar, enerxía e gañas de sobra!!! Pero xa me diredes que vos parece...

THE SONICS "This is the Sonics"
(ReVox, 2015)



No hay comentarios: