viernes, 31 de julio de 2015

jueves, 30 de julio de 2015

Public Nuisance "Gotta Survive"

Este fin de semana nos preguntaron por este disco, e estaba convencido de que xa vo-lo recomendáramos neste blog... pero parece que non. Así que ahí vai: se moitas veces vos recomendamos bandas que por diversos motivos pasaron desapercibidas durante moito tempo, o dos Public Nuisance, estaría no máis alto dun ranking deste tipo. 
Public Nuisance foi unha banda de Sacramente, California, e durante a segunda metade dos 60s fixeron un garage psychodélico de alto voltaxe, denso e pantanoso coma poucos no seu momento, pero capaces de mesturalo con pop luminoso, e sen embargo estiveron no olvido ata o século XXI. Adoitase a dicir que eran demasiado pop para os punks, e demasiado garageros para os hippies, sen embargo a súa historia é moito máis curiosa.
Formáronse en 1964, e tras varios cambios de nome, primero The Jaguars, logo como Moos & The Rocks, nome baixo o cal gravaron dous singles cotizadísimos en 1967 para Ikon Records, cos que chamaron a atención do productor Terry Melcher (productor estrela do movemento hippie californiano, triunfou sobre todo cos traballos dos Beach Boys e The Byrds), e inmediatamente os fichou para lanzalos. Cambiáronse o nome definitivamente por Public Nuisance, e comezaron a xirar xunto con The Doors, Grateful Dead ou Buffalo Springfield, e a finais do 1968 comezaron a gravar moito máis do seu material xunto co visionario Erik Wangberg ós mandos do estudio. 
En medio dos meses de grabación, se cruza o mesmísimo Charles Manson o seu camiño, e todo remata para eles. Manson coñeceu a Melcher a través de Dennis Wilson dos Beach Boys, e empeñouse en que tiña que producirlle un álbum, e negouse. Tras varias amenazas por parte da Familia de Manson, ten lugar o asasinato de Sharon Tate, amiga de Melcher, e propietario da casa dos matrimonio Polanski ata uns meses antes. Ante o temor de que outros seguidores de Manson tentaran acabar tamén con el, abandonou toda a actividade por un tempo... ata que a finais do 69 volveu a producir a The Byrds e recuperarse económicamente, pero o parón foi xusto o necesario para que os membros Public Nuisance decidiran disolver o grupo e integrarse cada un noutras bandas.
O raro é que aquelas sesións gravadas durante meses quedaron esquecidas para sempre nun caixón, e banda convertida nun mito do que poucos podían falar.
Recentemente tivo que ser o selo local Frantic Records, propiedade de Joey D, quen puxo o empeño por recuperar todas aquelas grabacións, e así no 2002 veu a luz este incríble "Gotta Survive" que inclúe tóda-las gravacións da banda, dende aqueles 7'' lanzados como Moos & The Rocks, e tóda-las sesións gravadas xunto con Wangberg para o que ía a se-lo seu lanzamento stelar. Toda-las súas gravacións, Todas! Nun dobre cd que nós conservamos a noso coma se fose ouro. Logo lanzouse por Shadocks en dobre LP + un EP extra, e recentemente, no 2012 foi novamente reeditado polo selo Third Man Records de Jack White, co mesmo título pero somentes os temas que ían se incluídos no seu álbum de debut.
Se non vos pican as ganas despois desta parrafada xa non sei como convercervos, mellor que os escoitades e seguro que ahí sí que caedes...

PUBLIC NUISANCE "Gotta Survive"
(Frantic Records, 2002)



faltan 3 días para a Festa do Bigote!



miércoles, 29 de julio de 2015

LXIII Festa do Albariño

Nós xa levamos algún día de vantaxe, e aínda nos queda ata domingo, pero hoxe comeza oficialmente a LXIII Festa do Albariño. Portádevos ben, e pasádeo mellor!!


martes, 28 de julio de 2015

Nós empezamos hoxe o Albariño!

Como cada ano, nós arrancamos un día antes. Así que hoxe toca martes de chupinazo, ou como algún prefire, o día de face-lo pé de cuba. Xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero hoxe xa abrimos no horario habitual. 
Unha noite para @s máis valentes!

lunes, 27 de julio de 2015

A mellor ruta de Cambados

Terraza -> Continental -> Rif-Rock
A mellor ruta de Cambados!


PC Barbería, o padriño da 7ª Festa do Bigote!!


Coma nos últimos anos, tivemos que escoller o padriño da Festa do Bigote, e para esta 7ª edición, non se nos ocorreu mellor convidado de luxo que Edu de PC Barbería
Podedes seguilo no seu facebook, pero será moito mellor que vos pasedes por ali en persoa, na Praza de Compostela, de Cambados.



7ª FESTA DO BIGOTE! Falta unha semana...

Falta unha semana!!
O próximo 2 de agosto, Domingo do Albariño, 
o RIF-ROCK e CTK convócanvos a unha nova celebración da solemne
7ª FESTA DO BIGOTE 
E este ano cun colaborador de luxo, PC Barbería!!
Repasade as bases aquí.


domingo, 26 de julio de 2015

10 anos da homenaxe a Toñín.

Estes días cumpríronse 10 anos da homenaxe ó noso amigo Toñín. 
Unha das cousas máis bonitas das que teñamos participado nas nosas vidas. Foron tres edicións entre o 2005 e o 2007, sacado adiante entre un puñado de bós amigos e moita máis xente que se involucrou para botar unha man. 
Nesta fin de semana aínda estivemos recordando unhas cantas historias daqueles tempos, pero en realidade, tantos anos despois, a min aínda se me escapa case que cada semana algo como "este disco pasoumo Toñín" ou "ese grupo os coñezo por Toñín", ou contando batallas de calquer noite nas que sempre aparecía él. 
E así seguiremos toda a vida, cun soriso sempre que o recordamos. 
Moitos Bicos!!

sábado, 25 de julio de 2015

bó día da patria!!


Presentado o V Outono Códax Festival

Esta semana presentouse a 5ª edición do Outono Códax Festival, que veñen organizando A Reixa e A Raíña produccións en Santiago de Compostela. Aquí vai o avance con todo o programa. 
E nós encantados de que a estrela deste ano sexa Naomi Shelton! a puxemos directamente no número 1 da lista de álbumes das Black Grooves do ano pasado. 
Ide reservando abonos...


Toda a info na web OutonoRock:

Tres sábados consecutivos (19 e 26 de setembro, e 3 de outubro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela) e, por primeira vez na súa curta pero intensa historia, unha cita fóra das fronteiras galegas (2 de outubro, na Sala Acapulco de Xixón) servirán ao Outono Códax, o festival galego de música negra, para conmemorar o seu V aniversario.

Unha celebración especial na que, se cadra, sexa a proposta máis variada ata a data do ciclo en canto a estilos: do soul máis clásico ao último neo-soul; do rhythm&blues máis frenético ao funk máis mestizo; do gospel máis purista ao groovy máis evolucionado; do rock´n roll máis desenfreado ao blues, o dub, o reggae ou o doo-woop (o de onte e o de hoxe).

Deste xeito, esta V edición do Outono Códax –impulsado desde a iniciativa privada por Raíña Productions e A Reixa, baixo o patrocinio de Martín Códax, e coa colaboración de Pousadas de Compostela, así como a de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais da capital galega– ofrecerá a posibilidade de asistir en Galicia (na maioría dos casos por primeira vez) a algúns dos directos máis notables do panorama internacional e estatal.

Así, o cartel deste ano inclúe a Mike Sánchez & His Band (un dos artistas de rhythm&blues e rock´n roll máis recoñecidos mundialmente); David Hooper&The Silverbacks (o norteamericano xa comparado con estrelas veteranas, emerxidas ao igual ca el na madurez, como Charles Bradley, Lee Fields ou Sharon Jones) e The Gospel Sessions vol. 1 (o último e gran espectáculo de Onno Smit e Paul Willemsen para o que contan coa maxistral voz de Michelle David).

Xunto a eles, estarán dúas das bandas máis consagradas da escena estatal: os cataláns The Velvet Candles (considerada unha das mellores formacións de doo-woop) e Juan Zelada Band (un dos máximos expoñentes do neo-soul, que se estrea no Outono Códax cun espectáculo preparado para o festival). A participación galega deste ano, compromiso irrenunciable do festival para coa música feita en Galicia, correrá nesta ocasión a cargo de tres das bandas máis destacadas da escena actual: The Soul Jacket, Transilvanians e Sabela King & The Heartbreakers.

Todas e todos eles secundarán nesta edición a dous grandes do xénero: Tommy Hunt, o mítico vocalista de The Flamingos e unha das lendas vivas da música contemporánea, que acudirá ao Outono Códax como artista convidado para repasar algúns dos grandes éxitos da súa carreira; e a enorme Naomi Shelton, hoxe por hoxe, unha das divas da música negra e peza clave do renacemento da música sureña estadounidense en Nova York. Para honra do festival, a última veterana estrela de Daptone Records, a principal factoría mundial de música negra, aterrará no Outono Códax, acompañada do seu excepcional coro, The Gospel Queens, e da súa incrible banda (entre a que se atopa Fred Thomas, o histórico baixo de James Brown).

A propia Naomi Shelton&The Gospel Queens e os galegos The Lákazans serán os protagonistas do primeiro “ExtraOutono” do festival, a primeira cita ata agora fóra de Galicia e que terá lugar en Xixón (Sala Acapulco) o próximo 2 de outubro.

Como sempre, actividades paralelas para todos os gustos (exposición fotográfica de Lawrence Impey, allnighters e as xa tradicionais sesións out nas rúas compostelás, que nesta ocasión veñen acompañadas ademais da “tapa do Outono”).


viernes, 24 de julio de 2015

Sonny Knight & The Lakers "Do It Live"

E outro álbum máis para comezar a fin de semana. A comezos deste mes lanzouse o directo de Sonny Knight and The Lakers. Chámase "Do it Live" e recolle 16 temas gravados en decembro do ana pasado en Minneapolis para transmitir o seu fantástico directo antes de lanzar ou seu próximo traballo de estudio (se estivéchedes o outubro pasado no seu concerto na Sala Capitol sabedes ben de que vai a cousa). Menos mal que está o gurú Michi Calambres para avisarnos de cando saen estas cousas. Unha auténtica festaza,  os temas do seu debut, uns cantos covers ben arranxados e o resto para o show xa o pon Sonny Knight!! Recomendado!!

SONNY KNGHT & THE LAKERS "Do it Live!"
(Secret Strash Records, 2015)



jueves, 23 de julio de 2015

Neil Young + Promise of the Real "The Monsanto Years"

E un par de álbumes máis que vos recomendamos antes de que chegue a fin de semana. Novo traballo de Neil Young, que nos últimos tempos non para. Chámase "The Monsanto Years" é trátase dun álbum conceptual en contra da química Monsanto. Son 9 temas fondos e intensos, de folk triste e rock rabioso. Promise of the Real é a banda formada polos fillos de Willie Nelson, cos que xa contara en xiras anteriores, pero desta vez xa os inclúe para o estudio. 
Saiu a finais do mes pasado, e a estas altura non vos vai a descubrir nada, ou vos gusta Neil ou non, pero se vos gusta nunca falla, e coma sempre ten un bó puñado de temas moi interesantes. 

NEIL YOUNG & PROMISE OF THE REAL "The Monsanto Years"
(Reprise Recs., 2015)



'Ain't No Sunshine' Sharknadoos Vs Little Juice

Durante os concertos do 16º Aniversario que celebramos a mediados de mes tanto The Sharknadoos coma Little Juice coincidiron nun tema nos seus repertorios. Foi 'Ain't No Sunshine' de Bill Withers (ver orixinal), un deses clasicazos eternos. Publicouse no seu álbum de debut en 1971 "Just As I Am", e ademáis lanzouse coma o seu primeiro single de presentación. O tema foi producido por Booker T. Jones, e según Withers, inspirouse no filme "Días de Viño e Rosas" para escribila. Logo ducias de artistas a fixeron súa. 
Este mesmo mes foi o turno de escoitala da man de The Sharknadoos que a teñen incorporada no seu repertorio dende hai tempo, e puidemos escoitala tamén en versión dos Little Juice. Ahí van outra vez:


martes, 21 de julio de 2015

Travesti Afgano "Jefes de Julais"

Despois de meses de ameazas, por fin podemos escoitar o lp de debut dos Travesti Afgano. 15 temas grabados en Terraforma Estudio con Ibán Pérez, e deseños de Santi Zubizarreta. Chámase "Jefes de Julais" e sairá en vinilo a finais do verán co selo Mama Vynila. De momento podedes escoitalo no seu bandcamp.


TRAVESTI AFGANO "Jefes de Julais"
(Mama Vynila Records, 2015)



Wilco "Star Wars"

O venres pasado Wilco lanzaron o seu novo álbum á rede sen aviso previo, e en descarga de balde por tempo limitado. Chámase "Star Wars" e son seus primeiros novos temas dende 2011. Xa hai anos que os seus discos de estudio de Tweedy e compañía deixaron de interesarnos, pero de primeira escoita semella que estes once temas se presentan algo máis interesantes que os traballos anteriores. 
Descargade "Star Wars" dende a súa web, e apurade, por tempo limitado!!

WILCO "Star Wars"
(ANTI Records, 2015)


lunes, 20 de julio de 2015

7ª Festa do Bigote. As bases do Concurso.

Bigotudos!!! frikis!! aspirantes a Super R!!! RifRocKerZ todos!!! 
e os que non teñades nada que facer o seguinte luns... 
O próximo 2 de agosto, Domingo do Albariño, 
o RIF-ROCK e CTK convócanvos a unha nova celebración da solemne
7ª FESTA DO BIGOTE 
E este ano cun colaborador de luxo, PC Barbería!!
Faltan dúas semanas!!! A continuacion tede-las bases.


Coma tódo-los anos, estivemos a piques de facer uns cambios revolucionarios nas bases do concurso para esta ocasión, pero ao final decidimos facer un copia e pega dos anos anteriores, así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO para a 7ª FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (domingo 2 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 3). 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- A organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

- Este ano teremos novamente tres categorías a concurso: 
o Bigote Absoluto, o Bigote Falso e Mellor Disfraz.

Categoría BIGOTE ABSOLUTO (Campión da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara do suxeito participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, de   calquer tipo.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK). 

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.

** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...

***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou na nosa páxina de facebook.



sábado, 18 de julio de 2015

esta noite: CHIEF BROMDEN!

E seguimos con máis sesións desta fin de semana.
Esta noite volve á nosa cabina o CHIEF BROMDEN! con outra entrega de free funk e rhythm'n'blues que nunca se sabes como remata... Non vo-lo perdades!.


viernes, 17 de julio de 2015

esta noite: JALEO VS. MARINOCHA!

Despois do aniversario seguimos coa nosa programación.
Esta mesma noite teremos a sesión que todos levades anos pedindo: 
JALEO VS MARINOCHA!! (a.k.a. de MalaHostia na Pista de Baile).
A ver quén supera esto!!


sesións nesta fin de semana


jueves, 16 de julio de 2015

domingo 2 de agosto: 7ª Festa do Bigote!!

Preparados? xa queda menos para a 7ª FESTA DO BIGOTE!!
Domingo 2 de agosto, dende as medianoite, despois dos fogos do Albariño.
Xa toca ir avisando. O luns o cartel completo, bases e demáis...


The Loons "Inside Out your Mind"

E outra recomendación máis para hoxe. O último álbum de The Loons, a banda de Mike Stax, un dos grandes referentes, estudiosos e divulgadores do xénero dende o seu mítico fanzine Ugly Things. Este "Inside Out your Mind" é o seu cuatro álbum, e como só van publicando lps cada 5 anos, pois sempre o collemos con máis gañas. Son 11 temas propios, de factura impecable para un revisionista riguroso como Stax, co mellor do beat británico e e do garage estadounidense. Powerpop e psychodelia do mellor que atoparedes. Saíu en maio e aínda non o temos, así que a recomendación tamén sirve de aviso por se algún xeneroso o atopa antes ca nós. 

THE LOONS "Inside Out your Mind"
(Bomp! Records, 2015)



The Stooges "Funhouse"

Non sei cantas veces vos recomendamos xa este álbum, porque nunca nos cansaremos de escoitalo. O "Funhouse" dos Stooges cumpre 45 anos, dende que saíra a comezos de xullo de 1970. Non satisfeitos coa marabilla dos debut homónimo, o productor Don Gallucci propúxolles graba-lo álbum coma un falso directo para recolle-la intensidade que faltaba no seu primeiro álbum, e así nace "Funhouse", sete temas abrasivos, intensos e suorosos. Dunha das bandas máis revolucionarias da historia, e con Iggy Pop, os irmáns Asheton e Dave Alexander no seu mellor momento! O que diga que non está entre os 5 mellores álbumes da historia minte!! Imprescindible!!

THE STOOGES "Funhouse"
(Elektra, 1970)



miércoles, 15 de julio de 2015

16º aniversario Rif-Rock. Resumo do fin de semana

Xa pasou o 16ºAniversario do RIF-ROCK!!
Foi un fin de semana tremendo, de boa música e de amigos, que ó final é do que se trata.
Repetimos o formato do ano pasado, todo concentrado nun fin de semana, o venres con banda debutante, e o sábado cunha das bandas habituais da casa.

O Venres 10 foi o turno dos LITTLE JUICE, que escolleron o Rif-Rock para debutar en directo. E vaia se triunfaron! Igual que o ano pasado coa porta pechada polo tema do exterior, e dentro subindo a temperatura... e vaia se triunfaron! Pezas de blues e soul de sempre dende Bill Withers, Ottis Redding ou Stevie Wonder, e pezas moito máis actuais de Black Dub, Amy Winehouse ou Allen Stone. Ademáis clasicazos de Police, Cream ou The Doors. Pero sobre todo nos encantaron os catro temas propios que presentaron: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust' e 'Trapped Soul'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla. O show perfecto para o primeiro día, e volveran seguro!! 
Logo foi o turno de Comomepós na cabina, brasa da boa ata o peche, para unha noite estupenda!! Unha pena a baixa de última hora de Marinocha!.

O Sábado 11 tocáballe a THE SHARKNADOOS de prato forte do fin de semana. Uns habituais da casa, pero que xa lles tocaba vir nunha destas datas grandes ó Rif-Rock. O concerto espectacular, e a xente abarrotando o local pero en silencio ó comezo de cada tema. O repertorio similar ó de ocasións anteriores, clasicazos de rock, blues, funk e soul, ademáis de 'Sweet Jane' da Velvet, e a estrea do 'I wish i knew how it would feel to be free'. O público xa o tiñan gañado de antemán, pero foi un auténtico concertazo!!. 
A noite  seguíu coa sesión allnighter de PauPau-a-GoGó, que prolongou a festa ata o peche. Unha noite tremenda! Eso é unha festa e o resto son hostias!!

Gracias a todos por este fin de semana! A tódolos que colaboráchedes co noso aniversario, os músicos e os djs por apuntarvos a celebralo con nós sen pensalo dúas veces, a ATDP polas chapas unha vez máis, e por suposto a todos por vir, a celebralo e a pasalo ben, que deso se trata. Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 17!!

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores:
Little Juice: pt1 - pt2 - pt3 - pt4 / The Sharknadoos pt1 - pt2 - pt3 - pt4.
Ou todo seguido en listas de reproducción:



The Sharknadoos (concerto pt.1)


The Sharknadoos (concerto pt.2)


The Sharknadoos (concerto pt.3)


The Sharknadoos (concerto pt.4)


Little Juice (concerto, pt.1)


Little Juice (concerto, pt.2)


Little Juice (concerto, pt.3)


Little Juice (concerto, pt.4)


martes, 14 de julio de 2015

Sáb.18: CHIEF BROMDEN!

O Sábado 18 será o turno do Chief Bromden! unha nova entrega de Free Funk e Rhythm'n'blues que nunca sabes como remata...


Ven.17: JALEO VS MARINOCHA!!

E despois do 16º Aniversario, chega outro fin de semana ben completo.
Para comezar, o Venres 17 teremos a sesión que todos levades anos pedindo:
JALEO VS MARINOCHA!! (a.k.a. de MalaHostia na Pista de Baile).
A ver quén supera esto!!



domingo, 12 de julio de 2015

así da gusto cumprir anos... gracias!!

Esta só é a foto do fin de festa do sábado, pero foi impresionante todo este fin de semana de aniversario, o venres co estupendo directo dos Little Juice e a pedazo de sesión de Comomepos na cabina, e onte co super festón que montaron The Sharknadoos e Paula Pau
Gracias a todos por vir!! Sen palabras, así da gusto cumprir anos!! 
E agora un par de dias para recuperar...


viernes, 10 de julio de 2015

as chapas do 16º Anviersario

Agora sí q podemos decir que está todo listo!!
Para os coleccionistas, xa están listas as chapas que cada ano nos monta ATDP!!

Non quedes sen a túa!!


este fin de semana... 16ª Aniversario do Rif-Rock!

Este fin de semana celebramos os 16 anos de Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa completo que temos preparado:

Venres 10 de xullo 
LITTLE JUICE
en directo dende as 23:45h.
+ sesión de Marinocha & Comomepós.

Sábado 10 de xullo 
THE SHARKNADOOS
en directo dende as 23:45h.
+ sesión de PauPau-a-GoGó!.


En xullo do 2015 o Rif-Rock cumpre 16 anos. Dende aquel 2 de xullo de 1999 no que abrimo-las nosas portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que vos temos preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana. Será o Venres 10 e o Sábado 11 de Xullo, e coma sempre, cun par de propostas en directo. Igual que nos últimos anos seguimos coa idea de presentar a unha nova banda, xunto con outra das que xa consideramos da casa. E logo a música seguirá dende a cabina:

Venres 10 xullo 2015:
LITTLE JUICE en directo dende as 23:45h.
Son un quinteto de breve traxectoria formado por Irene Ríos (voz), Javier Feijoo (guitarra), Julio Abal (teclados), Sandra López (batería) e o habitual do noso escenario Isidro Dozo ó baixo. 
Dende a súa formación no 2014, o grupo naceu coa vocación de disfrutar da interpretación de versións de blues, soul e rock clásico, todo marcado pola voz densa de Irene, pero foi derivando estilísticamente e integrando ritmos e melodías pop. A estrea en directo ven da man do Rif-Rock, mesturando temas propios e versións máis que recoñecibles dende Ottis Redding e Peggy Lee, ata Cream, Police ou Radiohead, con un formato soft, adaptado ás características do local. 
Seguídeos no seu facebook.

E para continua-la noite, dous fixos da nosa cabina: Marinocha & Comomepos, dúas máquinas de picar discos, que farán, coma sempre, o que lles pete!


Sábado 11 xullo 2015: 
THE SHARKNADOOS en directo dende as 23:45h.
Estes xa precisan de menos presentacións. 
The Sharknadoos son Andrea Area (voz), David Falcón (guitarra), Rubén Iglesias (baixo) e Jesús Caramés (percusión).
Estreáronse no Rif-Rock de xeito informal no nadal do 2013, e dende aquela nos visitaron un par de veces máis, crecendo no seu formato, e sobre todo como banda, ampliando os seus rexistros de rhytm'n'blues, soul, blues e rock, e converténdose seguramente na banda coa axenda máis completa da comarca. 
Unha base rítimica impecable que acompaña a potente voz de Andrea, para unha posta escea tan sinxela coma potente e efectiva, aínda que veñan no seu formato acústico. 
Seguídeos no seu facebook.

E ata o final da noite seguiremos coa sesión de PauPau-a-GoGó!, que volve á nosa cabina despois da súa visita en marzo no ciclo Où Sont les Femmes?: Garage, surf, beat, yeyé, psych, 60s. Festaza asegurada!!

Dúas noites tremendas. Non vo-lo perdades!!


jueves, 9 de julio de 2015

Sáb.18: Chief Bromden!

O Sábado 18 será o turno do Chief Bromden!
unha nova entrega de Free Funk que nunca sabes como remata...



Ven.17: Jaleo Vs Marinocha!

E xa temos máis datas para despois do 16º Aniversario.
O seguinte fin de semana xa chega ben completo. 
Para comezar, o Venres 17 teremos a sesión que todos levades anos pedindo: 
JALEO VS MARINOCHA!! (a.k.a. de MalaHostia na Pista de Baile).
A ver quén supera esto!!



miércoles, 8 de julio de 2015

Ignatius Day!

Este xoves (9 de xullo) se homenaxea a John Kennedy Toole a través da súa persoaxe Ignatius Reilly, o Ignatius Day co que se repasa unha e outra vez a súa única obra póstuma A Conxura dos Necios. Sen dúbida o libro que máis veces lin na miña vida. Algún día tamén se festexará por aquí. 
De paso recomendámosvos por suposto a edición en galego, editada por Kalandraka no 2008, coa que seguro que volvedes a botar unhas boas risas.
Namentres hoxe imos a comezar a darlle un novo repaso.


lunes, 6 de julio de 2015

Graham Day & The Forefathers "Good Things"

E outro álbum máis do ano pasado que vos recomendamos hoxe.
Este "Good Things" de Graham Day soou bastante na última fin de semana, e como uns cantos preguntaron, ahí vai de recomendación para todos. 
Pouco que decir de Graham Day non? Vocalista dos Prisoners, Prime Movers and Solarflares, compinche habitual de Billy Childish nos Buff Medways e nos Thee Mighty Caesars, e finalmente cos seus últimos proxectos, The Forefathers, The Galileo 7 e The Gaolers. Para o seu útimo traballo retoma o power trío The Forefathers xunto con Allan Crockford e Wolf Howard. E despois de todo este currículo que ides esperar? pois tocaba unha revisión. Graham Day selecciona 13 temas de The Prisoners, The Solarflares, The Prime Movers e The Gaolers, reinterpretados para a ocasión.así que máis do mesmo! Garage psych potente e moi melódico. Actualizado pero non demasiado. Tampouco se trata de un 'best of', aídna que en directo si o monta coma un auténtico Greatst Hits. 
Así que xa sabedes 13 clasicazos do xénero, que xa é moito.

GRAHAM DAY & THE FOREFATHERS "Good Things"
(Own-Up Recs, 2014)



The Youth "Nothing but..."

Ademáis das datas en directo, tamén temos que recomendarvos o debut dos daneses The Youth. Igual que co seu novo álbum inminente, este "Nothing But..." do ano pasado tamén foi gravado en Circo Perrotti con Jorge Explosión, e lanzado por Dirty Water Records. Unha mestura perfecta de rhythm'n'blues enérxico de Bo Diddley, ou Jimmy Reed, e o beat dos Kinks e os primeiros The Who. 
Ganazas do seu próximo álbum e de velos estos días en directo. Mentres metédelle volume a este "Nothing But...".

THE YOUTH "Nothing But..."
(Dirty Water Records, 2014)



domingo, 5 de julio de 2015

The Youth!

O noso cronista Calambres dará boa conta do día que tivemos que decir que non ós daneses The Youth porque o venres 10 xa tiñamos o dia ocupado con Little Juice... non se pode ter todo!! 
Pero non vos perdades as datas da súa xira galega: Vigo, Baiona, O Grove, Ourense e A Coruña. Recomendadísimos!


jueves, 2 de julio de 2015

16º Aniversario do RIF-ROCK!

En xullo cumprimos 16 anos de Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa completo que temos preparado para celebralo.

  Venres 10 de xullo  
LITTLE JUICE
en directo dende as 23:45h.
+ sesión de Marinocha & Comomepós.

  Sábado 10 de xullo  
THE SHARKNADOOS
en directo dende as 23:45h.
+ sesión de PauPau-a-GoGó!.


En xullo do 2015 o Rif-Rock cumpre 16 anos. Dende aquel 2 de xullo de 1999 no que abrimo-las nosas portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que vos temos preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana. Será o Venres 10 e o Sábado 11 de Xullo, e coma sempre, cun par de propostas en directo. Igual que nos últimos anos seguimos coa idea de presentar a unha nova banda, xunto con outra das que xa consideramos da casa. E logo a música seguirá dende a cabina:

Venres 10 xullo 2015:
LITTLE JUICE en directo dende as 23:45h.
Son un quinteto de breve traxectoria formado por Irene Ríos (voz), Javier Feijoo (guitarra), Julio Abal (teclados), Sandra López (batería) e o habitual do noso escenario Isidro Dozo ó baixo. 
Dende a súa formación no 2014, o grupo naceu coa vocación de disfrutar da interpretación de versións de blues, soul e rock clásico, todo marcado pola voz densa de Irene, pero foi derivando estilísticamente e integrando ritmos e melodías pop. A estrea en directo ven da man do Rif-Rock, mesturando temas propios e versións máis que recoñecibles dende Ottis Redding e Peggy Lee, ata Cream, Police ou Radiohead, con un formato soft, adaptado ás características do local. 
Seguídeos no seu facebook.

E para continua-la noite, dous fixos da nosa cabina: Marinocha & Comomepos, dúas máquinas de picar discos, que farán, coma sempre, o que lles pete!


Sábado 11 xullo 2015
THE SHARKNADOOS en directo dende as 23:45h.
Estes xa precisan de menos presentacións. 
The Sharknadoos son Andrea Area (voz), David Falcón (guitarra), Rubén Iglesias (baixo) e Jesús Caramés (percusión).
Estreáronse no Rif-Rock de xeito informal no nadal do 2013, e dende aquela nos visitaron un par de veces máis, crecendo no seu formato, e sobre todo como banda, ampliando os seus rexistros de rhytm'n'blues, soul, blues e rock, e converténdose seguramente na banda coa axenda máis completa da comarca. 
Unha base rítimica impecable que acompaña a potente voz de Andrea, para unha posta escea tan sinxela coma potente e efectiva, aínda que veñan no seu formato acústico. 
Seguídeos no seu facebook.

E ata o final da noite seguiremos coa sesión de PauPau-a-GoGó!, que volve á nosa cabina despois da súa visita en marzo no ciclo Où Sont les Femmes?: Garage, surf, beat, yeyé, psych, 60s. Festaza asegurada!!

Dúas noites tremendas. Non vo-lo perdades!!

miércoles, 1 de julio de 2015

The Yardbirds "For your Love"

Xa había tempo que non vos recomendabamos un deses clasicazos dos que agora semana tras semana están a cumprir 50 anos. E hoxe o recuperamos coa que puido se-la banda máis grande dos 60s, pero non puideron, non souberon, e non lles deixaron. The Yardbirds formáronse en 1963 e o tiveron todo, presencia, publicidade, os mellores guitarristas da historia, e por riba de todo temas insuperables, pero a malas decisións do seu manager e as diferencias entre os seus membros limitaron as súas posibilidades. 
Debutaron co lp en directo "Five Live Yardbirds" a finais de 1964, e en xullo do 65 lanzaron o seu primeiro álbum de estudio, este "For Your Love", que en realidade recopilaba os seus singles anteriores, case todas versións, e foi lanzado para a súa primeira xira polos USA, como unha das banda chamadas a arrasar América durante a British Invasion. Eran once temas grabados dende comezos do ano anterior, nos que Eric Clapton era o guitarrista principal, sen embargo no momento de comeza-la xira norteamericana, xa fora substituído por Jeff Beck, e é este o que aparece na montaxe da portada, ó tempo que o álbum foi lanzado só nos USA, e dende alí a vario paises europeos, pero non no Reino Undo, coma un exemplo máis da desfeita que sempre persigueu a esta banda. E a súa historia non facía máis que arrancar...

THE YARDBIRDS "Four your Love"
(Epic, 1964)



Festival no Norte 2015