miércoles, 21 de octubre de 2015

Fuzz "Fuzz II"

Hoxe vos recomendamos un dos álbumes máis agardados da tempada.
A segunda entrega de Fuzz, outra das historias de Ty Segall, na súa cara máis contundente. Un power trio con Ty Segall na batería e voces, xunto con Charlie Moothart á guitarra e voces, e Chad Ubovich no baixo. Se o primeiro álbum do trío no 2013 ("Fuzz") xa fora posto polas nubes en tódo-los medios, e facer desfrutar coma enanos ós seus seguidores, de cara a segunda entrega as espectativas eran moi altas, pero vaia se cumpren! 
"Fuzz II" é outra entrega de hard rock alucinado, inspirado directamente en bandas coma coma Blue Cheer, High Tide, Groundhogs ou os primeiros Black Sabbath. 14 temas para un álbum dobre, 'Time Collapse II/The 7th Terror', 'Rat Race' e 'Pollinate' son as presentacións desta auténtica animalada. Xa o podedes escoitar por moitas vías, pero mellor que vos fagades cun orixinal rápido. Impresionante outra vez!!

FUZZ "Fuzz II"
(In the Red Records, 2015)



No hay comentarios: