martes, 6 de octubre de 2015

Robert Pollard "Faulty Superheroes"

Na fin de semana pasada nos comentaban que só se enteraban dos lanzamentos dos Guided by Voices segundo os iamos recomendando neste blog, pero claro, tivemos que aclararlle que a finais do ano pasado Robert Pollard e compañia anunciaron a separación da banda, unha máis, a ver canto dura.
Sen embargo caímos na conta de non vos recomendáramos por aquí os últimos lanzamentos de Pollard dende comezos de ano. Un tipo coma el nunca está parado e co seu volumen de creación poucos dan a basto segui-lo seu ritmo de edicións, pero logo de poñer en marcha outro novo proxecto a comezos de ano Ricked Wicky (co debut "I sell the circus" que xa vos recomendaramos aquí), lanzou en maio un novo álbum co seu propio nome: "Faulty Superheroes", que ademáis de tódo-las bandas que monta e liquida sen parar xa fai o número 20 da súa carreira en solitario, aínda que nesta ocasión os músicos de estudio son os compoñentes de Ricked Wicky. Son 12 temas marca da casa, pop, punk, psych, garage, algún toque progresivo... ás veces todo xunto, ás veces deixando os temas a medio facer, e noutras facendo auténticos hits que nunca serán recoñecidos como deberían. Unha máquina incansable de facer cancións, discos e portadas co seu estilo inconfundible.

ROBERT POLLARD "Faulty Superheroes"
(Guided by Voices Inc., 2015)




No hay comentarios: