viernes, 9 de octubre de 2015

The Brian Jonestown Masacre 'Pish'


Os seguidores de Anton Newcombe estamos de noraboa con ritmo de edicións que leva nos últimos anos. Ademáis dos últimos lp e eps con The Brian Jonestown Massacre (aínda que o último é un divertimento de outro nivel), proxectos paralelos coma o compartido recentemente con Tess Parks, ou bandas ás que produce e lanza a través do seu selo A Recordings. 
Esta semana presentounos o tema 'Pish', como adianto do novo traballo dos Brian Jonestown Massacre, o mini álbum "Thingy Wingy", que nos publican en dúas edicións, vinilo sinxelo de 12'', e outra edición nun dobre 10'', que entre os seus sete temas incluirá un tema cantado en eslovaco, outro no que aparece de novo con Tess Parks, e unha versión do 'Dust' dos 13th Floor Elevators.
O video clip deste 'Pish' está realizado por Browzan & Jerome Monnot a modo de curtametraxe coa actuación de Hinako Matsumoto no papel principal.
Para o álbum teremos que esperar ata o 13 de novembro. Xa nos tarda!!


No hay comentarios: