martes, 13 de octubre de 2015

The Wands "The Dawn"

O primeiro álbum que vos recomendamos esta semana é unha desas cousas que nos quedaron atrás do ano pasado. 
The Wands son un dúo de Copenhage, que lanzaron o seu debut en lp o novembro pasado, logo de un ep en 10'' no 2012 ("Hello I Know The Blow You Grow Is Magic EP" con cinco temas), o seu son ten un ollo posto na melancolía dos Brian Jonestown Massacre e o outro nas raices na psychodelia california máis luminosa de finais dos 60s (incluídos un par de momentos que son The Doors total), aínda que con moitos máis elementos engadidos que poden soar a outras moitas cousas das bandas actuais de revival. A pesares de que lanzaron coma single de presentación o tema que título ó álbum ('The Dawn' con 'Totem' na cara b) o auténtico pelotazo é o tema que abre o disco, 'Sound of the Machine', ou o blues máis ácido coma 'She's Electric'. 
Moi interesantes.

THE WANDS "The Dawn"
(Fuzz Club Records, 2014)





No hay comentarios: