jueves, 5 de noviembre de 2015

Kurt Vile "B'lieve I'm Goin Down..."

Poucas veces recomendamos cousas de indie-folk ou parámetros semellantes, pero un dos álbumes que máis estamos a escoitar estas semanas é o último traballo de Kurt Vile, que xa fai o seu sexto álbum en solitario dende que abandonara The War on Drugs. Leva por título "B'lieve I'm Goin Down...", e é outra entrega da súa fórmula de revisionismo folk, cun ollo en Bob Dylan, Neil Young ou Nick Drake para o formal, e o outro nos Pavement máis divertidos para o sustancial. Se os seus dous anteriores discos gustáronvos tanto como a nós, seguramente este vos parecerá mellor, cantas máis voltas lle dou máis me gusta, moito máis limpio que os anteriores, máis rico en matices, e cunhas melodías que se supera (unha vez máis). Todo tranquilidade, e 'Pretty Pimpin' ou 'Dust Bunnies' das mellores.

KURT VILE "B'lieve I'm Goin Down..."
(Matador Recs, 2015)



No hay comentarios: