jueves, 12 de noviembre de 2015

MC5 "Back in the USA"

Xa tocaba un clásico, así que imos cun dos nosos discos de cabeceira.
"Back in the USA" foi o segundo álbum dos MC5, e o primeiro de estudio que lanzaban (o seu debut "Kick Out the Jams" de 1969 era un directo). Foi lanzado en xaneiro de 1970, no mellor momento de Rob Tyner, Wayne Kramer e Sonic Smith, e coa producción de Jon Landau. 
O álbum inclúe dúas versións, arranca co 'Tutti Frutti' de Little Richard e remata co 'Back in the USA' de Chuck Berry que da título a todo o álbum, en medio unha colección de temas inesquecibles: 'Tonight', 'Teenage Lust', 'Let me Try', 'Looking at You', 'High School', 'Call me Animal', 'The American Ruse' e 'Shakin' Street' e a bestial 'The Human Being Lawnmower'. Sonido crudo e directo, un dos referentes do protopunk sempre cun ollo posto no rock dos 50s, e con outro na protesta política, todo un alegato de guerrilla urbana contra o goberno dos USA e a guerra do Vietnam. 
Un dos álbumes maís grandes do rock de tódo-los tempos. 
Okay kids, it's rockin' time!


MC5 "Back in the USA"
(Atlantic, 1970)



No hay comentarios: