martes, 1 de diciembre de 2015

Pink Floyd "1965. Their First Recordings"

E outra novidade, pero esta xa en plan clasicazo.
Parlophone lanza esta semana un EP con vellos temas de Pink Floyd, supostamente as súas primeiras gravacións, cando xa cumplen 50 anos, moito antes do "The Piper at the Gates of Dawn". Leva por título "1965: Their first recordings", e son seis temas de auténtico rhythm'n'blues, con catro composicións de Syd Barrett ('Lucy Leave', a homenaxe a Bo Diddley 'Double O Bo', o frekbeat 'Remember Me' e 'Butterfly') e unha de Roger Waters moito máis pop ('Walk with me Sydney', que inclúe voces de Juliette Gale), e rematan coa versión do 'I'm a King Bee' do gran gran Slim Harpo. A edición preséntase nun doble 7'' con tres temas cada un, e remasterizados de novo en mono. A tirada limitada a 1050 exemplares asi que vos imaxinaredes que xa está disparada de precio, pero se queredes regalarnos algún...

PINK FLOYD "1965. Their First Recordings"
(Parlophone, 2015)



No hay comentarios: