miércoles, 29 de junio de 2016

Sonic Youth "Spinhead Sessions 1986"

Os Sonic Youth xa non existen, pero seguen tendo material gardado para rato, e cada vez está máis claro que van a seguir tirando do baúl.
Este mes publicouse "Spinhead Sessions 1986"Trátase de material grabado en 1986, xusto despois da publicación do "Evol", para a banda sonora do filme Made in USA (Ken Friedman, 1987). 
Naquela banda sonora se incluían 23 cortes breves, tal e como se remataron para incluir no filme, e que non foron publicados ata  1995 por Rhino. 
Neste Spinhead Sessions aparecen sete demos daquelas sesións, con temas que logo se foron cortando, ou directamente se descartaron por ser meros ensaios. Son pasaxes ambientais densos e punzantes, coma os 16 minutos de 'Ambient Guitar & Dreamy Theme', ou os 8 de 'High Mesa'. Só para moi completistas.

Tracklist:
01 Ambient Guitar & Dreamy Theme
02 Theme With Noise
03 High Mesa
04 Unknown Theme
05 Wolf
06 Scalping
07 Theme 1 Take 4

SONIC YOUTH "Spinhead Sessions 1986"
(Goofin’, 2016)



No hay comentarios: