jueves, 9 de junio de 2016

The Mighty Mocambos & Lee Fields 7''

E outra referencia do selo Légère Recordings que nos chega através de WillWork4Funk, e que non coñecíamos ata agora.
Trátase dun 7'' lanzado en outubro do ano pasado, da banda xermana The Mighty Mocambos, de Hamburgo. Son só dous temas, pero chegan de sobra par amosarnos toda a súa versatilidade.
Na cara A aparecen xunto co gran Lee Fields, co soul desgarrador de 'Where do we go from Here', e na cara B un auténtico cañonazo para as pistas de baile que mestura os seus 'Locked And Loaded' e 'The Showdown' nunha nova peza que leva por título 'B​-​Boy siute in B-Flat Minor'.
O 7'' esta esgotado, pero podedes facervos con el no seu bandcamp.

THE MIGHTY MOCAMBOS with LEE FIELDS "Where do we go from Here"
(Mocambo / Légère Recordings, 2015)



No hay comentarios: