viernes, 12 de agosto de 2016

The Monarchs "Make yer own Fun"

E imos cunha das xoias da nosa colección: o único álbum dos australianos The Monarchs!!. Foron unha banda efímera, outro dos moitos proxectos paralelos surxidos ao redor dos Hoodoo Gurus, seguramente o máis destacado xunto cos Persian Rugs. Neste caso, The Monarchs, estaban reunidos entorno a Brad Shepherd, xunto co seu irmán Murray (dos Screaming Tribesmen) ademáis de Andy Kelly e Greg Hitchcock (membros dos You Am I, New Christs ou The Kryptonics entre outros). Somentes lanzaron un single no ano 2000, o 7 pulgadas "2001" (do que só hai dúas edicións, a orixinal australiana, e a lanzada polos barceloneses Penniman Records), e este único álbum no ano 2001.
"Make Yer Own Fun" son 13 temas sen pausa, garage, hard rock, power pop e algun toque beat. '2001', '69 Monaro', 'Loud', 'Give it Up for the Band'... un temazo detrás de outro para un dos mellores álbumes do seu xénero. Un imprescindible!!

THE MONARCHS "Make Yer Own Fun"
(Shock Records / Sony / ATV Music, 2001)




No hay comentarios: