lunes, 26 de diciembre de 2016

Little Juice no Nadal Soul


O pasado venres comezamos coas datas importantes desta edición do Nadal Soul!!. Os encargados de poñer a música en directo foron LITTLE JUICE, e xa tiñamos gañas de que volveran ao Rif-Rock.
Levaban ano e medio sen visitarnos e vaia se valeu a pena esperar. Encantáronnos, ademáis de moitas versións, quédome cos seus propios temas: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust', 'Trapped Soul', 'Skin over Skin (Black Clouds)' e 'I was that girl'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla. O show perfecto para o primeiro día, e volveran seguro!! 

Logo foi o turno do Professeu B.B. na cabina, funk e rhythm'n'blues para comezar brasa da boa ata o peche, para unha noite estupenda!! 
E este próximo fin de semana maís, cos Black Ice Twice en directo no Continental, e a sesión do Chief Bromden ao remate; e ademáis o enorme Michi Calambres na cabina do Rif-Rock. Non vo-lo perdades!!

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores (e con moito barullo de fondo): pt1 - pt2 - pt3 - pt4, ou todo seguido en lista de reprodución:



No hay comentarios: