miércoles, 25 de enero de 2017

The Molochs "America's Velvet Glory"

Comezamos cos álbumes deste ano.
O novo traballo dos californianos The Molochs é un dos que máis esta a dar que falar este mes. 
The Molochs son o dúo formado por Lucas Fitzsimons e Ryan Foster, obsesionados por tódo-los paus dos 60s: folk-rock, a intensidade do pop psychodélico, o beat da british invasion, e a diversión do garage, ademáis de tóda-las bandas de revival das últimas décadas, e todo enriquecido por unha chea de instrumentos, guitarras, piano, órgano, sitar, armónica, e moitas percusións.
"America's Velvet Glory" é o seu segundo álbum (o primeiro "Forgetter Blues" autoproducido no 2013), son once temas con todo eso que vos comentaba antes e unhas melodías que vos deixarán tolos de remate. De mostra a variedade entre 'Ten Thousand', 'No more Cryin', a tremenda 'New York' ou a perezosa 'I don't Love you'. 
Menudo discazo!!

THE MOLOCHS "America's Velvet Glory"
(Innovative Leisure Records, 2017)



No hay comentarios: