jueves, 8 de junio de 2017

Espiño "I"

Alfonso Espiño é un clasico da escea compostelana, dende os anos 90s formando parte de Los Contrastes, os enormes Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales e recentemente con Los Linces, ou outros proxectos en formato acústico, agora lanza un proxecto máis persoal, que foi medrando dende a proposta en solitario ata conformar un banda estable.

O debut de ESPIÑO chámase sinxelamente "I", un mini álbum, con seis temas propios, todos en galego nos que desprega a súa paixón polo beat e a psychodelia 60s, con complexos arranxos de vento e corda que aportan ese toque barroco que moi poucos saben compaxinar coas melodías pop.
Arranca con 'Rebobina', pura melodía, coros e todos eses arranxos que comentamos para entrar directamente en materia e sen preámbulos no seu universo sonoro, 'Sen dúbida Florinda' o sarcasmo máis enérxico do álbum, logo chega o momento máis pausado e íntimo de 'O dourado danzar', e os lisérxicos sete minutazos da onírica 'Louro' que continúan coa divertida e inquedante 'Ovnis sobre o Val do Dubra' na que relata un feito real dos anos 80. Para rematar con 'Engaiolante Enfeitizante', e deixarnos con gañas de máis.

O traballo é resultado do premio no certame do Galicia Creativa do ano pasado, coa producción de Alfonso e Espiño e Gerardo Amigo, acompañado por Alexandro González nos teclados, Brais Sánchez coas guitarra eléctricas, e Curro Marcos á batería, ademáis das colaboración de Álvaro Crego nos metais e Quim Fariña ós violíns. 
Polo momento só dispoñible nun fermoso digipak, pero sabemos que pronto sairá en vinilo con un tema extra moi especial. 
Recomendamos a entrevista en Mondosonoro publicada a semana pasada.
Mentres tanto, buscádeo en directo! Esta mesma noite tedes a ocasión na Sala Riquela de Compostela.

ESPIÑO "I"
(Fundación Autor, 2017)



No hay comentarios: