lunes, 31 de julio de 2017

Jeanne Moreau

Jeanne Moreau
(1928-2017)

Foto: UniFrance Film.

The Murlocs "Old Locomotive"

Imos con algún álbum antes de que se complique a semana.
Novo traballo que nos presentan The Murlocs, unha banda que reúne membros dos King Gizzard & The Lizard Wizard e dos Frowning Clouds, e dos que xa vos temos recomendado neste blog tódo-los seus lanzamentos.
O seu novo álbum titúlase "Old Locomotive", e continúa a fórmula entre garage e rhyth'n'blues psychodélico, todo cunha producción de coidado lo-fi. Nesta entrega con melodías máis limpas
Polo momento coñecemos o primeiro single 'Snake in the Grass', e dúas pezas con máis melodía e os temas máis pop de tódo-los seus álbumes 'Oblivion' e 'Noble Soldier', ou a psychodelia beat da propia 'Old Locomotive'.
Outro discazo marca da casa. Dispoñible dende o venres pasado.

THE MURLOCS "Old Locomotive"
(Flightless Records, 2017)



domingo, 30 de julio de 2017

9ª Festa do Bigote, as bases do concurso.

Faltan unha semana.
Domingo 6 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK coa colaboración de PC Barbería convócanvos á 
9ª FESTA DO BIGOTE!!

Aquí tedes as bases do concurso.


Tódo-los anos amenazamos con facer cambios revolucionarios nas bases do concurso, pero tranquilos que nunca temos tempo a facelo, pero si prometemos que este ano non dubidaremos en deixar algún premio vacante se así o consideramos. Polo resto, todo máis ou menos igual que sempre.

BASES DO CONCURSO para a 9ª FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (domingo 6 de agosto) a medianoite, así que xa nos imos á madrugada do día 7. 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- A organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

- Este ano teremos novamente tres categorías a concurso: 
o Gran Premio ao Mellor Bigote, Premio Bigote Falso e Premio Mellor Disfraz.

Categoría MELLOR BIGOTE (Gran Premio da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara do suxeito participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, calquer trebello que queirade usar pode servir, todo depende da vosa orixinalidade.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios celebrarase aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado por varios membros de entre os responsables do Rif-Rock, Cambados(TK) e o noso padriño e colaborador Edu PC.

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

E agora a letra pequena:
* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.
** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...
***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou na nosa páxina de facebook.

E o máis importante de todo... NON FALTEDES!!!!!!!


viernes, 28 de julio de 2017

Domingo 6 agosto: 9ª FESTA DO BIGOTE

Faltan pouco máis de unha semana...
Domingo 6 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK convócanvos a outra FESTA DO BIGOTE!!. 
A 9ª edición oficial, na que por suposto, contaremos de novo con Edu de PC Barbería como padriño de luxo.
Algún debería comezar a prepararse...


jueves, 27 de julio de 2017

Cowboy Song, a biografía de Phil Lynott

O ano pasado cumpríanse 30 anos da morte do mítico Phil Lynott, e o xornalista Grame Thomson publicou o eshaustivo "Cowboy Song: The Authorised Biography of Philip Lynott". Co éxito da edición orixinal xa temos dende hai un par de meses a edición en castelán de "Cowboy Song", da man de Es Pop Ediciones. Unha biografía basada na oposición entre a persoa e o artista que lideraba aos Thin Lizzy. Exhaustiva e rigurosa, aclamada por crítica e público.

Graeme Thomson 
"Cowboy Song. La biografía autorizada de Phililp Lynott"
(Es Pop Ediciones, 2017)


Así o presentan na web de Es Pop Ediciones:

Biografías de Philip Lynott habíamos leído varias, pero podemos decir con toda sinceridad que ninguna como Cowboy Song, un excepcional trabajo de Graeme Thomson editado originalmente el año pasado (coincidiendo con el trigésimo aniversario de la muerte del inolvidable cantante, bajista y compositor irlandés) y que Es Pop publicará en España el próximo mes de mayo. Aunque se trata de la primera biografía oficial escrita con la cooperación de la familia Lynott, que ha aportado numerosos documentos y valiosa información inédita a la obra, Cowboy Song no es ni mucho menos una hagiografía ni tampoco un relato idealizado o sesgado del malogrado líder de Thin Lizzy. Thomson traza con férreo rigor un retrato poliédrico, complejo y completo de Lynott, con todas sus luces y sombras, sin pasar por alto ni dulcificar los detalles más turbulentos y en última instancia dramáticos que condujeron a su prematuro fallecimiento a la edad de treinta y seis años.
El libro explora las fascinantes contradicciones entre los desmedidos excesos del Lynott rockero y la vida del tímido y sensible “huérfano” criado por su abuela en un barrio obrero de Dublín. Hijo ilegítimo de una adolescente católica irlandesa huida de casa y de un emigrante guyanés llegado a Inglaterra como polizón, Lynott se sobrepuso a las penurias de su primera infancia, al asombro que despertaba el color de su piel en un entorno en el que era verdaderamente único y a una hiriente y permanente sensación de abandono, para acabar convirtiéndose en la primera estrella de rock surgida de Irlanda. Cowboy Song examina a fondo su trayectoria musical, así como la singular mezcla de influencias culturales que dieron forma a sus canciones, en las que ricas tradiciones líricas, mitológicas y poéticas irlandesas fueron a encontrarse con el rock duro, el folk progresivo, el soul e incluso la Nueva Ola...


miércoles, 26 de julio de 2017

Flamin' Groovies Vs The Lookers, split

Novo material dos míticos Flamin' Groovies. 
O ano pasado los Groovies ebntregaron un single para conmemorar os seus 50 anos de carreira, "Crazy Mazy" en Burger Records, ademáis de un par de splits compartidos con Warren Zevon e Dylan Gardner. Agora entregan un novo tema, presentado tamén nun split, compartido desta vez con The Lookers, através de selo vasco Discos Bloody Mary.
O tema dos Flamin' Groovies, agora con Cyril Jordan e Chris Wilson á fronte, e o 'Don't Talk to Strangers', versión dos Beau Brummels, unha peza de pop psychodélico que os devolve á sua época máis power pop. Na cara B, 'Pictures on the Wall' novo temas dos franceses The Lookers, a guitarrazo limpio.
Split single en edición limitada en catro cores a escoller: vinilo verde, laranxo, branco ou amarelo, 300 de cada cor. E todo cos fantásticos deseños de Rubén Suárez. Apurade que voan.
Toda a info e reservas na web e Bloody Mary.
E isto só é o adianto do novo álbum dos Flamin' Groovies, "Fantastic Plastic" que sairá a finais de setembro. Aquí tedes un adianto.

FLAMIN'  GROOVIES  & THE  LOOKERS  
"Don't Talk to Strangers b/w Pictures on the Wall"
(Discos Bloody Mary, 2017)


martes, 25 de julio de 2017

Bifannah "Maresia"

Imos comezar a semana recomendándovos un dos discazos da tampada.
Trátase do primeiro longo dos Bifannah, unha das bandas que máis está a dar que falar nestes últimos tempos. Xa vos recomendamos o seu single do ano pasado, e dende xuño xa está dispoñible o seu esperado primeiro lp, "Maresia" da man do selo The John Colby Sect.
"Maresia" é un álbum moi ambicioso, na gravación, mesturas e masterización, o resultado son dez temas que retorcen ese moody garage, a psychodelia de baixa fidelidade, o tropicalismo de finais dos 60s e moitos elementos do pop máis coidado e luminoso. Das influencias, máis que evidentes, xa nin vos imos falar. Por destacar algúns cortes, quédome coa enorme 'Pequeno Selvagem' de melodías impecables, e xogos de voces que son auténtico alucine, con eses toques de garage sofisticado, coma en 'Faz-Me Mal' ou 'Magic Mamba' que xa aparecía no seu single de presentación, o groove tropical de 'Kala-Mala', a divertida 'Ja ninguen gosta de você', ou o pop psychodélico máis intenso de 'Ervas'. Imposible aburrirse con esta xente. 
Un discazo, do mellor do que vai de ano. Recomendadísimo, e por suposto, non vos perdades os seus shows deste verán.

Maresía no bandcamp de Bifannah.

BIFANNAH "Maresia"
(The John Colby Sect, 2017)


sábado, 22 de julio de 2017

Documental sobre Radio Birdman

Esta semana estreouse o documental sobre Radio Birdman, a banda australiana por excelencia, unha das propostas máis excitantes dos 70s e influíntes nos 80s, e unha das nosas bandas de cabeceira de sempre!.
"Descent into the Maelstrom. The Untold Story of Radio Birdman" é un documental independente realizado por Jonathan J. Sequeira, coas súas orixes, a súa historia, e a crónica de toda unha escena que segue a marabillar ao mundo enteiro. Por suposto, con lanzamento de banda sonora incluído. 
Tedes unha boa presentación no blog Condenado Fanzine.
Polo momento estreouse nas pantallas australianas, a ver se pronto o temos por aquí. Máis info na web Descent into the Maelstrom.



viernes, 21 de julio de 2017

Stone Dead "Good Boys"

Un dos álbumes aos que máis voltas lle estamos a dar nestes últimos días é o lp de debut do portugueses Stone Dead. Logo de velos a pasada semana en directo en Compostela non podemos deixar de escoitar o seu "Good Boys".
Son dez temas de garage psychodélico, con moita influencia de punk e power pop, unha auténtica maravilla que nos leva por centos de bandas do que maís nos gusta. Unha base rítmica contundente, xogos de voces tremendos entre os catro compoñentes e guitarras sucias coma os mellores do xénero, cun ollo posto nos Stooges e outro en Ty Segall. 
No álbum atoparedes de todo, o power pop de 'Blooze', o psych folk alucinado de 'Floating', 'Lid Routine' ou 'Another Wine', garage lo-fi coma en 'Candy' ou 'Good Boys', os toques progresivos de 'Johnny Puke' e a contundencia de 'Turn Around' para rematar ben arriba. Discazo, e se tedes oportunidade de velos en directo, non vo-los perdades. Recomendados!

STONE DEAD "Good Boys"
(Lovers & Lollypops, 2017)

Bei Bei & Shawn Lee "Year of the Funky"

Hoxe imos a recomendarvos unha auténtica rareza.
O novo álbum entre a chinesa Bei Bei e o polifacético productor Shawn Lee, autor de multitude de álbumes, colaborador de xente coma Jeff Buckley ou Amy Winehouse e habitual na música de cine e tv. 
Bei Bei é unha virtuosa do guzheng, uns instrumento tradicional da China, documentado no seu uso dende alomenos dous mil anos. Afincada en California na última década lanzou o seu primeiro traballo con guzheng no 2006, e no 2010 publicou a súa primeira entrega compartida con Shawn Lee ("Into the Wind" con Ubiquity Records). Agora lanzan unha segunda entrega desa colaboración, "Year of the Funky" através do selo xermano Légère Recordings.
A súa proposta é unha fusión ben curiosa, entre un instrumento tan exótico en Europa coma é o guzheng, e o jazz abstracto, o funk electrónico e todo tipo de rítmica groove e programacións. A mestura resulta ben interesante, conecta oriente e occidente, os sóns do pasado e os do presente.
Nos primeiros temas con tendencia ao relax, mentres que a fusión faise máis patente segundo avanza o álbum, en temas coma 'Year of the Funky' ou 'Black Nylon' que son puro ritmo groove, co máximo en 'Danxia Disco', para volver a mesturas máis relaxadas cara o final. Teredes que escoitalo vós mesmos.
Unha auténtica rareza que vos recomendamos.

Year of the Funky no bandcamp de Légère.

BEI BEI & SHAWN LEE "Year of the Funky"
(Légère Recordings, 2017)



jueves, 20 de julio de 2017

Futuro Terror "Su nombre real es otro"

Imos cunha desas xoias do panorama estatal que nos quedaron atrás entre os lanzamentos do ano pasado. Futuro Terror son un trio de Alicante, do mellor que hai nestes momentos en España, e perderamoslle totalmente a pista dende o seu lp de debut do 2014. Nas últimas semanas, ao ver as promos do seu próximo álbum que sairá en setembro, atopámonos con esta maravilla que se nos quedou atrás no seu momento.
"Su nombre real es otro" foi lanzado por B-Core en maio do 2016, e se xa nos gustara o seu debut, este é unha pasada. Post-punk garagero, a guitarrazo limpio, cunha rítmica que é de tolos, e moitas melodías. 'Sonries Alegre', 'Futuro Terror', 'Ectoplasma', 'Parálisis del sueño', temas máis crudos como 'La Sospecha' ou 'Afilado', a tolemia punk de 'Tres Forques', ou o power pop de 'Es Así' para rematar. Discazo!

FUTURO TERROR "Su nombre real es otro"
(B-Core disc, 2016)



miércoles, 19 de julio de 2017

Sesión de Calambres "18º aniversario"

Aínda quedaba unha sesión máis por compartir das últimas semanas.
Aquí tedes case unha hora do que nos deixou Michi Calambres na súa entrega especial de fin de festa do 18º Aniversario do Rif-Rock. 
Recomendamos máximo volumen!!

MICHI CALAMBRES "Sesión 18º aniversario"
(sesión Rif-Rock 8 xullo 2017)



martes, 18 de julio de 2017

IX Festa do Bigote!

Primeiro aviso.
Domingo 6 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK convócanvos á 9ª FESTA DO BIGOTE!!. 
Faltan tres semanas...


George A. Romero

George A. Romero
(1940 - 2017)



lunes, 17 de julio de 2017

Martin Landau

Martin Landau
(1928-2017)



Escalenux#2

Aquí tedes un rato da sesión deste sábado de Escalenux. 
Unha selección de uns tres cuartos de hora para poñer ao máximo volume!

Escalenux
(sesión Rif-Rock 15 xullo2017)


viernes, 14 de julio de 2017

Sáb.15: Escalenux!

Imos recuperando a normalidade da nosa programación.
Este sábado volve Escalenux á nosa cabina.
Non vo-lo perdades!


jueves, 13 de julio de 2017

King Gizzard & The Lizard Wizard "Murder of the Universe"

Levamos varias semanas se atopar un momento para escribir algo sobre este álbum. É certo que foron semanas de moito traballo den varias cousas, pero é que esta nova entrega dos King Gizzard & The Lizard Wizard é para escoitalo ducias e veces e non saber que decir sobre el.
"Murder of the Universe" é o seu segundo traballo neste 2017, no que promteron cinco. Trátase dun álbum conceptual con 21 temas divididos en tres capítulos, "Chapter 1: The Tale of the Altered Beast", 'Chapter 2: The Lord of Lightning vs. Balrog' e  'Chapter 3: Han-Tyumi & The Murder Of The Universe', nos que se alternan cancións propiamente ditas cunha duración standard, con fragmentos de menos de un minuto, e ao longo de tódo-los cortes con voces que narran diferentes historias por encima da música e a voz de Stu Mackenzie. No musical, trátase do álbum no que maís se deixaron levar pola música progresiva e o heavy psych. Con momentos brillantes, pero bastante desconcertante en conxunto. Teredes que escoitalo de tirón para saber de que vai todo isto.
Mentres, xa anunciaron a próxima entrega para a volta do verán, que levará por título "Sketches of Brunswick East", que adiantan que se trata de un álbum de free jazz inspirado no "Sketches of Spain" de Miles Davis. Veremos que sae de ahí.

KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Murder of the Universe"
(Flightless Recordings, 2017)



Tape Five "Soiree Deluxe"

Máis recomendacións refrescantes que nos chegan dende WillWork4Funk.
Tape Five é o proxecto máis ambicioso do productor xermano Martin Strathausen, un dos pioneiros do electro-swing, que mestura jazz clásico, dixie, funk, soul, música latina, dub ou tango sobre bases de electrónica retro.
Unha auténtica trituradora de ritmos coa que leva publicados xa sete álbumes dende o 2005 e media ducia de eps.

En abril lanzou o seu último traballo "Soiree Deluxe" da man do selo xermano ChinChin Records. Un traballo longo, con 18 temas (algúns meros interludios) de tóda-las posibilidades do seu repertorio, con todos eses estilos mesturados ou por separado, e numeorosos guiños a clásicos de cada xénero. Ademáis, cada peza axustada ás características dos vocalistas que habitualmente colaboran nos seus traballoDionne Wudu, Henrik Wager, Brenda Boykin, Iain Mackenzie, Yuliet Topaz e Maria Maschenka.

Se teño que recomendarvos temas, escollo os que menos, ou nada, teñen de bases electrónicas. Ahí va a miña selección: 'Hush Hush Magazine' e a preciosa 'Love gun', dúas pezas de funk e soul, un tema más serio coma 'Nowheres End', o reggae de 'Burn the city', ou o dub hiphopero de 'Crazy World Crazy World', pero tamén instrumentais como a relaxante 'Topanga Valley' ou 'Do the Hobo Shuffle' que é puro electroswing.
Un álbum de auténtico divertimento no que atoparedes de todo para tódo-los gustos, e seguro que mentres lle dades volta non aguantades cos pes quietos.

Tape Five web.
WillWork4Funk.
TAPE FIVE "Soiree Deluxe"
(ChinChin Records, 2017)



miércoles, 12 de julio de 2017

Los King Kongs, o show do 18º Aniversario

Fantástico fin de semana para festexar o noso 18º Aniversario. Ao final quedou cun programa máis reducido que en anteriores ocasións, pero as axendas mandan. Prometemos incluir algunha das cousas que nos quedaron atrás nos próximos meses.

O venres 7 foi o turno da sesión de Ptooff & Bimba Pop, era a primeira vez que compartían a cabina nun fin de semana de cumpreanos total e seguro que repetirán.
O sábado 8 o prato forte, co directo de LOS KING KONGS, banda para a ocasión montada entre Los Wavy Gravies, e o contrabaixo de Koko (Breakin' Bones e Pegas Negras), e tampouco podemos esquecernos de Vanessa que se fixo carga das maracas en cada tema que a reclamaron. Un show de moito nivel, cheo de clasicazos do rock'n'roll maís primitivo, sons de serie b, moito surf, garage e co revival de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto rematando con Michi Calambres no escenario para o tema de despedida.
O fin de festa correu a cargo de Calambres, coa tremenda sesión ata o peche, garage, punk, distorsión e xoias do baúl das que sempre collemos moitos apuntes.

Gracias a todos por apuntarvos á celebración, así da gusto seguir cumprindo anos, e por suposto a todos por vir, que senón nada disto tería sentido. Pero especialmente á panda do cumpreanos total que chegaron armados de caretas dos king kongs para sorprender á banda. Detallazo!

Xa tedes o subido o concerto completo na nosa canle de youtube, na anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4), ou todo seguido en lista de reproducción:


Los King Kongs, concerto pt1


Los King Kongs, concerto pt2


Los King Kongs, concerto pt3


Los King Kongs, concerto pt4


martes, 11 de julio de 2017

Fotos de Los King Kongs

Unha pequena selección da fotos que nos van chegando do show do sábado.
Los King Kong en directo. Iremos subindo máis por redes sociais.










as chapas do 18º Aniversario!

As chapas do 18º Aniversario, unha tradición que nunca falta, e que como cada ano nos monta ATDP!!! Quedan moi poucas, pero aínda quedan, así que o próximo fin de semana, apurade a pedilas...


lunes, 10 de julio de 2017

Los King Kongs 'Chinese Maiden'

Aquí vos deixamos unha do show deste sábado: 'Chinese Maiden', enormes LOS KING KONGS. Nuns días subiremos o concerto completo.


domingo, 9 de julio de 2017

Los King Kongs & Michi Calambres

Fantástico show de LOS KING KONGS e enorme a sesión de Michi CALAMBRES.
Gracias cracks, por apuntarvos sempre a todas estas historias, e por suposto, gracias a todos por vir nunha noite tan estupenda.
Así da gusto seguir cumprindo anos.


viernes, 7 de julio de 2017

18º Aniversario do RIF-ROCK

Este fin de semana, non vos perdades o noso 18º Aniversario!!

Comezamos esta noite, con PTOOFF & BIMBA POP na cabina.
O sábado seguimos co concerto exclusivo de LOS KING KONGS dende as 23:45.
e o fin de festa coa sesión do gran MICHI CALAMBRES ata o peche.
A info completa aquí.
Non faltedes!!



jueves, 6 de julio de 2017

The Muddy Beers "Fisherman's Blues"

Un pouco de revival antes de que chegue o fin de semana.
Repasando concertos de anteriores aniversarios, esta vez recomendámosvos o show dos Muddy Beers, unha banda de un só concerto, desas que tanto nos gustan. Con parte da formacion de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre cambiándose todo o rato de instrumentos, e incorporando a Breo Gun na guitarra. Foi o 6 de xullo do 2013, durante os concertos do noso 14º aniversario. Unha das noites que máis calor pasamos na vida...
De mostra deixámosvos o 'Fisherman's Blues' co que pecharon o show.


miércoles, 5 de julio de 2017

Terbutalina "Sonido Esteiro"

Xa levábamos tempo sen novo material dos Terbutalina.
Despois do pelotazo que foi "Al Otomano se le va la mano", primeiro álbum que lanzaban en formato físico, agora chega un 7'' para calmar aos máis impacientes. "Sonido Esteiro" é o seu novo ep, gravado de novo por Tomás Ageitos, e publicado entre Folc Records e Triunvirato. Son catro temas dese punk garage powerpop tan particular.
Na cara A coa fantástica 'Goodbye Neuronas', e 'Andar de Xaneira' ecunha desas historias nas que se pon a mandíbula lika a castañuelas. Na cara B a sona da 'Ninguén che quere' (tanto coma nós) e rematan coa historia de desamor de 'Orujo/Brujería'. Catro temas a 45 rpm, coma debe ser!!
Xa podedes escoitalo completo no seu bandcamp, descargalo, e atopa-los puntos de venta física.

TERBUTALINA "Sonido Esteiro"
(Folc Records / Triunvirato, 2017)



martes, 4 de julio de 2017

Chain and The Gang "Best of Crime Rock"

O mes pasado vos recomendabamos o show que ofrecía Ian Svenonius coa sua última proposta en solitario (Escape-Ism), e agora xa temos un novo traballo da que nos últimos anos está a ser a súa banda principal.
"Best of Crime Rock" é o novo álbum dos Chain and The Gang, un traballo que recolle temas dos seus catro álbumes publicados ata agora, pero en vez de presentarnos un recopilatorio ao uso, o que fan é regravar de novo os temas seleccionados. Uns con diferentes arranxos, outros cambiados de tempo, ou directamente de instrumentos. Ahí están 'I See Progress', 'Devitalize', 'Livin' Rough' ou 'Free Will', pero seguro que non atoparedes moitas das vosas favoritas, porque isto vai de outra historia, a reinterpretación do crime rock, Svenonius revisando a Svenonius. 
Outra maravilla marca da casa, pero xa sabedes que a mín sempre me deixa alucinado con pouca cousa...

CHAIN AND THE GANG "Best of Crime Rock"
(In the Red Recordings, 2017)

lunes, 3 de julio de 2017

Gemma & The Travellers "Too Many Rules & Games"

Comezamos a semana cunha recomendación que nos chega dende WillWork4Funk.
O primeiro lp de Gemma & The Travellers, aínda que xa non son novos nesto.
Afincados na cidade francesa de Rennes contan con membros da bretaña francesa e UK. Comezaron coma dúo, The Travellers, formados por Gemma Marchi e o guitarrista Robert Patersson cunha primeira referencia de 2008 e un par de singles autoeditados e un ep entre 2010 e o 2013. Cos anos foron sumando membros á banda ata cambiarse por Gemma & The Tavellers. Con toda esta traxectorio chega o momento do seu primeiro lp, "Too Many Rules & Games", da man do selo xermano Légère Recordings, que xa nos adiantaron no fantástico single 'Too Many Rules & Games' coa cover do 'Save Me' de Aretha Franklin na cara b.

Neste álbum continúan a súa evolución de rhythym'n'soul, intenso e con moitos medios tempos, que cede a maior parte do protagonismo á voz de Gemma Marchi. Presenta dúas caras ben diferenciadas, a primeira máis rítmica e a segunda moito máis íntima. Comezan co tema más funk do traballo 'I Keep on thinking' que xenera unha certa frustración por que de ahí en diante non volveremos a ter esa rítmica poderosa. Continúa co 'Too many rules and games' un precioso medio tempo que da título ao álbum, coma 'I've got no fellin', ou as pezas 'I Can Fly' e 'Where i lived before' que nos levan ao rhythm blues máis clásico.
A cara b preséntase maís homoxénea, comezando cos medios tempos de 'Please don't Forget my Name' e 'I believe in you' intensos e melodicos, ata con algunha tendencia ao pop, 'Take my Heart & Breath' é a balada soul do álbum, e rematan devolvéndonos ao rhythm'n'blues más clásico para lucimento da voz de Marchi, e que vai evolucionando ata ceder totalmente o protagonismo a guitarra e saxo que rematan coma solistas.
Un álbum que comeza coma un cañonazo, pero que remata por ser unha colección de medios tempos de moi boas melodías e factura sinxela, pero executada á perfección. Seguro que atopades o momento axeitado para desfrutalo.


GEMMA & THE TRAVELLERS "Too Many Rules & Games"
(Légère Recordings, 2017)