viernes, 21 de julio de 2017

Stone Dead "Good Boys"

Un dos álbumes aos que máis voltas lle estamos a dar nestes últimos días é o lp de debut do portugueses Stone Dead. Logo de velos a pasada semana en directo en Compostela non podemos deixar de escoitar o seu "Good Boys".
Son dez temas de garage psychodélico, con moita influencia de punk e power pop, unha auténtica maravilla que nos leva por centos de bandas do que maís nos gusta. Unha base rítmica contundente, xogos de voces tremendos entre os catro compoñentes e guitarras sucias coma os mellores do xénero, cun ollo posto nos Stooges e outro en Ty Segall. 
No álbum atoparedes de todo, o power pop de 'Blooze', o psych folk alucinado de 'Floating', 'Lid Routine' ou 'Another Wine', garage lo-fi coma en 'Candy' ou 'Good Boys', os toques progresivos de 'Johnny Puke' e a contundencia de 'Turn Around' para rematar ben arriba. Discazo, e se tedes oportunidade de velos en directo, non vo-los perdades. Recomendados!

STONE DEAD "Good Boys"
(Lovers & Lollypops, 2017)

No hay comentarios: