miércoles, 9 de agosto de 2017

A 9ª FESTA DO BIGOTE!!

Aquí vai o resumo da 9ª FESTA DO BIGOTE!!
Festaza espectacular coma sempre, risas aseguradas!! Moitas gracias a todos por participar un ano máis, logo dunha dura semana de festas.
Coma tódo-los anos insistimos nos poucos aspirantes serios a mellor bigote, e desta vez máis nivel nos postizos, 

Os premiados de onte na 9ª FESTA DO BIGOTE!!
- Mellor Disfraz: VITOR DOMINGUEZ
- Bigote Postizo: OLALLA NOVAS
- MELLOR BIGOTE: DENIS PINTOS
Noraboa de novo ós premiados!! aplausos!!



Temos que comezar os nosos agradecementos a Edu Charlín de PC BARBERÍA, un padriño insuperable para esta festa, pola súa implicación, e polos seus espectaculares lotes de productos. A Sanni Cerviá por encargarse da presentación a última hora, e case sen tempo para preparala, a Marinocha por poñer orden en todo isto. E por suposto e a todos por vir a rematar a semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de seguir pansándoo ben!! 
Ademáis fixemos a retirada oficial da camiseta de Super R, que levaba alí dende a 3ª edición do 2011, aquel ano da trapallada do complot. Volverá para a próxima edición, pero iso xa volo contaremos no seu momento.
Atoparedes un amplo álbum no noso facebook, e seguro que iremos engadindo máis fotos nos próximos días.

Por último, aquí tedes o video coa entrega de premios completa.
O próximo ano máis, e lembrade... será a 10ª edición!!


No hay comentarios: