jueves, 24 de agosto de 2017

The Blassics "Becoming Waves"

The Blassics son unha banda finesa de groove instrumental. "Becoming Waves" é o seu terceiro lp, pero teñen moitas máis publicación en formatos menores. Neste álbum inclúen nove pezas de soul-jazz e funk sen concesións, sempre cunha rítmica afrobeat que o inunda todo. 'Stepping Outta Factory', as dúas partes de 'Tough Times', 'Bongo Rap' ou 'Swazi Funk' son boa mostra desa mestura, e por suposto os oito minutos de 'Happy News Emerging' como standard de afrobeat máis purista.
Recomendado.

THE BLASSICS "Becoming Waves"
(Odd Funk Records, 2017)



No hay comentarios: