jueves, 30 de noviembre de 2017

Selvática 'Sal y Sangre'


Esta semana estreouse na web da Rockdelux o novo video clip dos Selvática. 
O tema é 'Sal y Sangre' do seu álbum "Seres Abisales" (Kirlian y Orphan Records, 2017), e está realizado por osé Miguel Sagüillo. 
En estas datas ofrecerán un par de concertos, así que non perdades a oportunidades de velos en directo, que son contadas!!




miércoles, 29 de noviembre de 2017

Betty Davis no Riviera '76

Recuperamos máis gravacións de Betty Davis que sairon á luz nos últimos tempos. En 2015 comezou a moverse pola rede a gravación dun dos últimos shows en directo da impresionante Betty Davis, e esta semana o lembraban dende a web Dangerous Minds.
Trátase do audio do seu concerto durante o festival Riviera '76, celebrado na vila da riviera francesa Le Castellet, que entre o 23 e 26 de xullo de 1976 adicouse a mostrar a fusión entre o jazz e o rock. Atoparedes unha selección de fotos do festival de Guy Le Querrec na web da axencia Magnum Photos.
O concerto de Davis foi o día 25, e comezou o concerto cunha adicatoria a Miles Davis, co que rompera o seu matrimonio había xa bastantes anos. A gravación chega nunhas condicións bastante aceptables ata os nosos días, sobre todo resulta importante por que apenas hai material desta artista imprescindible fora da súa discografía oficial.


Aquí tedes o setlist daquel show, e o audio completo a continuación.
- MC Intro
- Unknown #1 (a/k/a Smegma)
- Nasty Gal
- Dedicated to the Press 
- The Lone Ranger 
- He Was a Big Freak
- Talkin Trash
- Steppin in Her I. Miller Shoes
- Unknown #2 (a/k/a Pick Up)
Shut off the Light


martes, 28 de noviembre de 2017

Sharon Jones & The Dap-Kings "Soul of a Woman"

A semana pasada lanzouse un novo álbum de Sharon Jones con The Dap-Kings, "Soul of a Woman" e o seu traballo póstumo, e sae conicidindo co primeiro aniversario do seu pasamento. 
Os álbum bascula entre o soul máis desgarrador e temas de auténtico baile, combinando á perfección as súas dúas vertentes habituais. Arranca a tope de enerxía coas optimistas 'Matter of Time'  e 'Sail On!', e destaca o ritmo festeiro de 'Rumors' cuns xogos de percusións máis que interesantes. Entre os temas de maior intensidade, quédome con 'Just give me your time', 'Shearching for a new day' ou a enorme 'Girl (you got to forgive him)'. De despedida 'Call on God', o único tema que se inclúe no álbum composto pola propia Sharon Jones, e que escribira para o seu coro eclesiástico de gospel no que permaneceu aínda despois da fama. 
Según indican varias reseñas, os temas foron mudando segundo Bosco Mann avanzaba na producción. Os temas foron grabados cando a enfermidade de Jones estaba xa moi avanzada, e nun comezo pensaron en plantexar un álbum totalmente intenso e desgarrador. Co paso do tempo decidiron que esta despedida precisaba ser máis optimista, e así foi o resultado final. Unha auténtica marabilla, e seguro que hai máis material gardado pendente de sair.

SHARON JONES & THE DAP-KINGS "Soul of a Woman"
(Daptone Records, 2017)



lunes, 27 de noviembre de 2017

Kings of the Beach en El Sótano

As edicións de Ulomanía Coop soando de novo no noso programa de radio favorito. O xoves da semana pasada (23 de novembro) estrearon a última referencia en El Sótano de Radio 3. 
Entre moito revival mexicano e música surf, se colaban os reis da praia para pechar a sección de novidades. Ahí soaba 'Nasty Beach' a todo trapo, o tema que abre o "SAFA" dos Kings of the Beach (ULO-003).
Por suposto, vos recomendamos o programa completo, pero se non tedes tempo, están no min. 39:35.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

OCS "Memory of a Cut Off Head" (Oh Sees)

E máis álbumes de Dwyer e compañía, o máis recente que fai o número 20 do grupo. A semana pasada lanzaron unha nova entrega do seu proxecto paralelo: OCS, marca coa que publican as súas composicións máis freak e folk, e que tiñan aparcado por máis de dez anos tras publicar catro álbumes entre 2003 e 2005. A base do proxecto son John Dwyer e o baterista Patrick Mullins, sempre rodeados de bos colaboradores, desta vez contan con Heather Lockie, e Mikal Cronin a cargo dos arranxos de ventos. Pero o máis salientable desta ocasión é o retorno da británica Brigid Dawson, que abandonara hai anos os Oh Sees, e compón a medias con Dwyer de todo o álbum, e ahí están compartindo portada.
"Memory of a Cut Off Head" son dez cancións de folk psychodélico, con xogos de voces entre Dwyer e Dawson, ventos, e incribles arranxos de cordas. Por recomendarvos algún tema, quédome con 'Cannibal Planet' ou 'On and on Corridor', pero é un álbum para escoitar de corrido varias veces. 
Se sodes seguidores dos Oh Sees dos últimos tempos, seguro que esta outra proposta vos sorprende. Recomendado.

OCS (The Oh Sees) "Memory of a Cut Off Head"
(Castle Face Records, 2017)




Oh Sees "Orc"

Thee Oh Sees están de volta. Os de John Dwyer lanzaron a finais do verán 'Orc', desta vez sinxelamente coma Oh Sees, e anuncian que así seguirán unha tempada, xa que eses cambios de nome sempre coinciden con cambios na formación.
En "orc" continúan con certa experimentación dos seus álbumes do ano pasado, pero xa integrados totalmente no seu son clásico, pero con máis potencia que en anteriores entregas. Arranca con 'The Static God' coma un auténtico cañonazo con ritmo motorik, o single 'Nnite Expo', a contuntente 'Animated Violence' que se achega ao metal, para dar paso aos xogos máis pausados de 'Key to the Castle' en oito minutos. 'Jettisoned ' e 'Cadaver Dog' nos devolven ás súas composicións máis habituais de garage psych, mentres que ata o final son moitas evolucións de cambios de tempo, coma 'Paranoise' ou 'Drowned Beast' ,xogos coas atmósferas e todos eses trucos tan recoñecibles marca da casa.

OH SEES "Orc"
(Castle Face Records, 2017)



martes, 21 de noviembre de 2017

[Revival] Entradas de AIRAS

Como prometimos, aquí vai outra de revival dos AIRAS.
Dúas entradas dos seus concertos. A primeira daquel mítico concerto na Lonxa vella en 1994. A segunda de decembro de 1995, no Pósito, cos primeiros deseños coñecidos de Xacobo.


lunes, 20 de noviembre de 2017

Wau y Los Arrrghs!! "El Mañanero b/w Maldita"

En maio deste ano, os Wau y Los Arrrghs!! despedíanse para sempre cun concerto en Valencia. Para a ocasión lanzaron un 7'' con dous temas inéditos: "El Mañanero b/w Maldita" que, por suposto, esgotouse aquel mesmo día. 
Agora, dende Slovenly Records, anuncian a reedición dese single, o motivo: os precios absurdos cos que se está revendendo na rede. 
Esta nova edición contará cunha portada diferente, obra do ilustrador Darren Merinuk, e masterizado de novo para vinilo por Tim Warren (Crypt Records).
Xa dispoñible en reservas no bandcamp de Slovenly, a un precio amigable.
Enormes estos de Slovenly!

WAU Y LOS ARRRGHS!! "El Mañanero b/w Maldita"
(Slovenly Records, 2017)


Charles Manson

Charles Manson
(1932 - 2017)

Unha interesante e rápida reflexión de Diego Manrique sobre a imaxe icónica de Manson, en El País: 15 razones para repudiar a Charles Manson y a sus fans.



sábado, 18 de noviembre de 2017

Malcolm Young

Malcolm Young 
AC/DC
(1953 - 2017)



Outono Festival 2017: The Suffers


Esta noite será a última entrega desta edición do Outono Códax Festival 2017.
Para o fin de festa, os protagonistas serán os italianos Sugar Daddy & The Cereal Killers e o seu elegante e potente rnb, e a banda de soul The Suffers, que nos encantan!! Sala Capitol dende as 20:30h. Recomendado!!


jueves, 16 de noviembre de 2017

Living Colour 'Elvis is Dead'

'Elvis is Dead', autor Vernon Reid.
Living Colour, álbum "Time's Up" 
(Sony/ATV, 1990)


King Gizzard & The Lizard Wizard "Polygondwanaland"

Os King Gizzard seguen co seu ritmo frenético de puclicacións. Para este 2017 prometeron cinco novos álbumes. Aquí sempre vo-los recomendamos todos, aínda que algún sexa un pouco máis duro de escoitar. De feito o anterior "Sketches from Brunswick East" (terceiro desta serie) que din, está inspirado no "Sketches from Spain" de Miles Davis, aínda non tivemos ocasión de comentalo no blog. Pois case sen tempo para asimilalo xa está aqui a cuarta entrega deste ano, e podemos decir que, definitivamente, tolearon estes australianos.
"Polygondwanaland" sae mañan, totalmente gratis na súa web, para que todo o mundo faga con el o que queira, dispoñible en formato mp3 ou wav e, isto é o mellor, comparten tamén os masters para facer tiradas tanto en cd coma en vinilo e difundilas ao mundo. E iso sí, se o pasas a cassette somentes piden creatividade... son uns putos cracks!! Por eso sempre están entre os mellores.
Dispoñible na súa web e no seu bandcamp dende o 17 nov ás 9 AM hora australiana, así que a primeiras horas desta madrugada xa podedes facervos con el e ir buscando fábrica de vinilos para planchar copias para tódo-los colegas.

KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Polygondwanaland"
(Flightless Records, 2017)



miércoles, 15 de noviembre de 2017

Ramones "Rocket to Russia"

40 anos do "Rocket to Russia" dos Ramones!!
Foi o terceiro álbum de estudio da banda, e outra das súas obras mestras no seu desbordante inicio con tres discos en poucos meses. Ahí estaban 'Rockaway Bech', 'Here Today, Gone Tomorrow', 'I don't Care', 'Sheena is a Punk Rocker', 'We're a Happy Family', 'Teenage Lobotomy' e as versións do 'Surfin' Bird' dos Trashmen, e do 'Do you wanna dance?' de Bobby Freeman, tomada vía Beach Boys. Punk, surf, e unha producción esquisita, Seguramente o seu álbum máis divertido. Un imprescindible en calqueira colección.

RAMONES "Rocket to Russia"
(Sire Records, 1977)



martes, 14 de noviembre de 2017

Kings of the Beach 'Goats'

Máis clips de presentación.
A semana pasada os Kings of the Beach presentaban o videoclip de 'Goats', o tema principal do seu novo 7'' que teremos dispoñible deste esta mesma semana. A estrea foi o venres pasado no Tentaciones de El País.
E dentro de pouco, álbum completo...


lunes, 13 de noviembre de 2017

Travesti Afgano 'Brillet'

Os Travesti Afgano presentaron hoxe mesmo novo videoclip na web Show Down Underzine. Trátase do tema 'Brillet', que abre o seu último álbum "Nos Vale Madre". O video conta coa dirección e montaxe de Sara Iglesias.
Aquí tedes o resultado...


viernes, 10 de noviembre de 2017

Goat "Fuzzed in Europe"

Máis novidades en pequeno formato. Outro EP que vos recomendamos, o novo dos Goat, un ep con seis temas gravados en directo, aínda que é un lanzamento que chega entre rumores de liquidación da banda. 
"Fuzzed in Europe" conten temas recollidos en directo nos últimos meses da súa xira do ano pasado. Inclúen 'Talk to God' e 'Gathering Of Ancient Tribes' do "Comune", 'I Sing in Silence' e 'The Sun the Moon' do "Requiem", o single 'Time for Fun' e para rematar 'Run to your Mama' do seu primeiro álbum, en interpretacións escollidas pola propia banda por consideralas diferentes ás habituais. Ademáis todo empaquetado cos deseños de Adam Pobiak.
Sen dúbida unha das bandas máis orixinais dos últimos tempos. 
A min nunca deixan de sorprenderme.

GOAT "Fuzzed in Europe"
(Rocket Recordings, 2017)



jueves, 9 de noviembre de 2017

The Limiñanas "Istanbul is Sleepy EP"

Imos cun par de recomendacións antes da fin de semana.
De primeiro o novo Ep dos Limiñanas, unhas das nosas debilidades dos últimos anos. Con esa mestura de psychodelia, yeyé e puro naïf, os de Perpignan volven en pequeno formato con bastantes cambios logo de varias colaboracións con Pascal Comelade. "Istanbul Is Sleepy" é un ep de catro temas que sae a próxima semana, e sirve de adianto do seu novo LP para o que teremos que agardar a comezos do ano próximo. Continúan as colaboracións, de auténtico luxo, e iso nótase nos temas. Comeza coa propia 'Istanbul is Sleepy', coa colaboración de Anton Newcombe dos Brian Jonestown Massacre, que pon a voz e as guitarras, e iso ten que notarse: garage psychodélico e ritmo motorik con texturas moi densas, e din que inspirado nos The Cult do período Rain (do álbum "Love" de 1985), e presentado cun videoclip estupendo dirixido por Jean Luc Moly. Nas seguintes se nota a forte influencia dos BJM, 'Nuit Fantome' co positivismo habitual do seu repertorio, e 'Shadow People' coa colaboriación vocal da actriz Emmanuelle Seigner. De despedida 'Angels and Devils', cover do tema dos Echo & The Bunnymen, que nos devolve a esas texturas máis habituais dos Limiñanas, pero con máis melodías e aínda máis pop. Cambios sutís que poden adiantar algo mói grande para o próximo álbum. Mentres tanto, este ep é unha marabilla.

THE LIMIÑANAS "Istanbul Is Sleepy"
(Because Music, 2017)



martes, 7 de noviembre de 2017

NUNES, o concerto tributo aos AIRAS

A estas alturas pouco máis queda por dicir do concerto do sábado, moitos comentarios nas redes, o detalle da prensa, e o recordo dun intenso día que se prolongou dende a sesión vermú ata a noite. 
Tan só volver a agradecer a ese equipazo de dez persoas que formaron os NUNES, por todo o curro destas últimas semanas para ofrecernos ese homenaxe tan bonito, por escoller ao Rif-Rock para facelo, e por suposto tamén aos demáis implicados para que fose unha sorpresa ata o último momento. 
E a todos, unha vez máis, por participar e amosarlle a Kevi, Carlos e demáis membros da familia AIRAS todo ese cariño: Sito, Vie, Eladio e Alberto (que estaba nos dous bandos), esperamos que vos gustara tanto como a nós.

Os membros da banda:
David Falcón: guitarra e voces
Quique Barreiro: voces e guitarra
Rubén Arenaz: voz
Alberto Ríal: contrabaixo
Noa Castro: voces, baixo, ukelele
Cruz Alfonso: teclados
Matías Leiro: guitarra
Bruno Canario: batería e máis
Xacobe Abal: voz e ukelele
Guadi Galego: voz
ENORMES!!


Xa só nos queda mostrarvos videos do concerto. 
Aquí o tedes (case) todo en lista de reproducción:



Tributo a Airas, pt.1


Tributo a Airas, pt.2


Tributo a Airas, pt.3


lunes, 6 de noviembre de 2017

domingo, 5 de noviembre de 2017

Nunes na prensa

O tributo aos Airas mereceu ser hoxe a Foto do día na edición de Arousa de La Voz de Galicia. Aquí tedes as capturas, da edición impresa, e dixital.



O tributo a Airas

A homenaxe de onte aos Airas era un segredo a voces, pero entre todos conseguimos que para os protagonistas fose unha sorpresa ata o final. Foi un enorme currazo de David Falcón, Quique Barreiro, Rubén Arenaz, Noa Castro, Matías Leiro, Cruz Alfonso, Bruno Canario, Xacobe Abal, Alberto Rial e Guadi Galego, sodes moi grandes!!, un concerto fantástico co que nos fixéchedes revivir momentos moi especiais. 
Gracias a todos por vir, compartir todo ese cariño cos Airas, e demostrarlle a Kevi, Carlos, Sito e demáis membros da familia Airas que o seu repertorio segue a ser parte das nosas vidas. E queremos máis...


viernes, 3 de noviembre de 2017

Sáb.4: OS NUNES en sesión vermú

OS NUNES en directo
Sábado 4 Nov. 13:00h.

Este sábado, en sesión vermú, presentamos aos NUNES por primeira vez en directo. Non vos perdades o seu concerto de debut dende as 13:00h. 
Sí, en sesión vermú!! (e esta vez sí, con vermú...)
E ademáis haberá unha presentación de algo moi especial, pero non podemos contarvos máis porque para nós tamén será unha sorpresa.

*apertura 12:30h.


esta noite: Ptooff Vs Escalenux

Esta noite, por fin.... 
Gran combate na nosa cabina: PTOOFF Vs ESCALENUX!! unha sesión de Stoner Psych, convertidos en Dj Mighelito Vs Ghelucha Selektor. 
Como a banda sonora dunha masacre no Muíño da Seca, un auténtico filme de terror no saco de Fefiñáns.


jueves, 2 de noviembre de 2017

Curtis Harding "Face your Fear"

Máis recomendacións, esta de actualidade, o novo disco de Curtis Harding.
No 2014 omezou a súa carreira en solitario firmando un dos debuts máis aplaudidos dos últimos tempos coa colaboración e a produción de Cole Alexander dos Black Lips. Agora chega co segundo traballo, "Face your Fear", nesta ocasión producido por propio Harding, Sam Cohen e Danger Mouse, que últimamente está ata na sopa, pero con enormes resultados. Son once temas nos que se desprende daquel toque garagero e lo-fi que lle imprimía Alexander no seu debut, e todo xira entorno a evolucións do soul máis tradicional e centrado nas melodías, estructuras rhythym'n'blues e altas doses de pop. De mostra maravillas coma 'Wednesday Morning Atonement', a propia 'Face Your Fear', 'Till The End' e o auténtico pelotazo que é 'Need Your Love'.
Cara o final, o lado máis espiritual do álbum.
Un dos discazos do ano, seguro.

CURTIS HARDING "Face your Fear"
(Anti-, 2017)




Wire "Pink Flag"

Máis punk do 77. Uns días despois do lanzamento dos Sex Pistols, veía a luz o "Pink Flag" dos Wire, un dos meus álbumes favoritos, se non o primeiro de todos.  Unha obra mestra de punk na que xa se adiantaba toda a música que viría despois. Moito teño escrito sobre él, e nunca me cansarei de escoitalo. 
Un imprescindible que cumpre 40 anos, e segue soando a fresco.

WIRE "Pînk Flag"
(Harvest, 1977)



Aquí vos deixo a columna 'Gravacións Perdidas' do Fanzine Despregable adicada a este álbum polo seu 30º aniversario (Despregable nº13, 2007)

"...remontámonos 30 anos atrás, Reino Unido, o ano do punk. Marco McLaren e o seu xoguete (Sex Pistols) axitaban a vida musical, cultural (tamén no deseño gráfico), social e política, no ano do xubileo da Raíña Isabel. O escándalo foi tan intenso coma breve, as consecuencias, entre outras, a creación dun estereotipo do PUNK copiado dos Sex Pistols, o cal era tan contrario o punk, que morreu coma movemento coherente case ó día seguinte do debut de Roten e cía. Pero houbo máis... Este álbum de Wire tivo unha nula repercusión entre os seguidores do movemento punk, non se adecuaba a eses clixés, moi pop, moi arrítmico... unha banda de vangarda. Era un álbum extrano. Se o punk reutilizaba as estructuras do rock clásico, Wire conseguían con guitarra-baixo-batería unha rítmica e unhas melodías tan enxeñosas e innovadoras coma simples e incomprensibles no 77. "Pink Flag" e os seus 2 seguintes álbumes [“Chairs Missing” do 78 e "154" do 79] conforman unha triloxía imprescindible na que se introduce a electrónica, secuenciadores, atmosferas obsesivas, ritmos imposibles e todo nunha evolución que vai dende o punk máis básico e primitivo ata o post-punk, o pop, o noise e moitos máis paus. 3 Lps en 3 anos que revolucionaron a música dos 70, e adiantaron a dos 80, a dos 90, e máis alá. O segredo: ser unha banda guitarreira tentando soar a calquera cousa menos a iso. Deste xeito temos ante nós unha banda imprescindible para comprender dende as primixenias bandas de hardcore californiano avaladas por SST (Minutemen é un claro exemplo...), o estoupido brit-pop dos 90 (a rebufo de MADchester), e do revival post-punk (moi directamente en bandas tan boas coma Erase Errata ou Liars). A anécdota estúpida: o grupo Elastica. Nos 90 Wire volveu á palestra mediática por culpa desta ‘orixinal’ banda que se adicou a plaxiar os seus temas: o seu 1º single ‘Strutter’ era un plaxio de ‘I am the Fly’ de Wire, e ‘Connection’ (o seu tema máis coñecido) outro plaxio do ‘Three Girl Rhumba’ deste mesmo álbum que estamos a comentar. A ‘Bandeira Rosa’ de Wire comezaba a facerse demasiado influínte para o mainstream. ‘Ex-Lion Tamer’, ‘Start to Move’, ‘Lowdown’, ‘Field Day for the Sundays’ (os mellores 28 segundos das vosas vidas…) e a fantástica ‘Mannequin’ son algúns dos 21 cortes de álbum, breves e intensos, acelerados ou pausados, melodías e arritmias, punk e pop, todo está neste álbum imprescindible. Se isto non vos fai vibrar é que estades mortos por dentro..."


Sex Pistols "Never Mind the Bollocks"

Esta semana cumpríronse 40 anos do lanzamento do "Never Mind the Bollocks" dos Sex Pistols!!
Máis alá do contexto, e do que supuxo este álbum tanto musical coma culturalmente, unha das grandes anécdotas do seu lanzamento foi o caos das diversas edicións dende o primeiro momento. O tema 'Submission' fora descartado nun inicio, pero a última hora os Pistols insistiron para que se incluíra. O disco xa estaba feito, saída da fábrica, empaquetado e listo para sair o mercado, así o 28 de outubro do 77 lanzouse o lp con 11 temas, ao que a compañía Virgin decidiu engadir un poster da banda e un 7'' con unha soa cara co tema 'Submission'. En novembro do mesmo ano xa estaba lista a segunda edición do álbum, ahí si, cos 12 temas tal e como o coñecemos. O problema é que ao multliplicarse as edicións por todo o planeta, algunhas están feitas sobre os deseños da primeira edición, sen 'Submission' nos créditos nin na contraportada pero sí no álbum, mentres que noutras aparece nos deseños e non está no disco. Cousas do descontrol da industria.
Co aniversario do álbum, non podían deixar pasar a oportunidade de lanzar unha nova reedición expandida ata o infinito. Esta nova edición conta con catro discos, no primeiro o álbum de toda a vida, con doce temas, claro. O máis interesante está no segundo disco, no que se inclúen rarezas de estudio, as demos orixinais mesturadas por Dave Goodman e Chris Thomas, e descartes do momento, pero que logo apareceron en compilacións posteriores. Diferentes mesturas e son moito máis cru, para coleccionistas. O resto, máis do de sempre, outro disco con directos de Noruega e Suecia a finais do 77, e un dvd con clips, concertos e entrevistas en tv.
40 anazos desta locura que nos acompañará para sempre.

SEX PISTOLS "Never Mind the Bollocks"
(Virgin, 1977)




miércoles, 1 de noviembre de 2017

Ven.24: Black Grooves


Ven.17: Trash!


Sab.4: Os NUNES en directo!!

OS NUNES en directo
Sábado 4 Nov. 13:00h.

Este sábado, en sesión vermú, presentamos aos NUNES por primeira vez en directo. Non vos perdades o seu concerto de debut dende as 13:00h. 
Sí, en sesión vermú!! (e esta vez sí, con vermú...)
E ademáis haberá unha presentación de algo moi especial, pero non podemos contarvos máis porque para nós tamén será unha sorpresa.
*apertura 12:30h.