jueves, 18 de enero de 2018

Black Rebel Motorcycle Club "Wrong Creatures"

Imos con recomendacións recén saídas.
Hai moitos anos que non lles prestamos ningunha atención aos Black Rebel Motorcycle Club, dende o seu grandioso álbum de debut no 2001, tiveron unha carreira demasiado irregular, por non decir outra cousa. Aportando sempre en cada entrega algún tema que funcionaba máis ou menos ben, pero sete discos despois sempre anuncian a volta ao son dos seus inicios, e iso nunca volverá a pasar. Aquelo de unha banda californiana facendo rock urbano setenteiro máis idenficado con NYC, showgaze británico, e psychodelia foi dos álbumes que maís disfrutamos naqueles anos. Dende entón nada. Enton, ¿a reseña por que? , porque a fin de semana pasada prometín publicala, e aquí vai.
"Wrong Creatures" é o seu oitavo álbum de estudio, e desta vez comeza realmente ben. 'Spook' e 'King of Bones' son dous temas realmente destacables que nos poden devolver aos BRMC do 2001, intensos, guitarreiros, con melodías fondas e pegadizas, e sobre todo coa duración xusta para non perdernos. Dende aquí todo cae. Segue 'Haunt', unha especie de balada tétrica que moitos comparan con Nick Cave, pero á que non lle vexo a chispa. E o resto un auténtico plomazo con oito temas seguidos de entre cinco e sete minutos, sen chispa, nin nervio, todos previsibles un tras doutro, con excepción cecais da progresión dos sete minutos 'Ninth Configuration' ou o comezo de 'Question of Faith'. Polo medio rompen a dinámica e o tempo con 'Little thing gone wild' (single de adianto do álbum), pero nin con esas. Alomenos salvamos dous bos temas que seguro que baileremos ata cansarnos. 
Das portadas desta xente xa mellor nin comentamos.

BLACK REBEL MOTORCYCLE CLUB "Wrong Creatures"
(Abstract Dragon, 2018)



No hay comentarios: