viernes, 5 de enero de 2018

King Gizzard & The Lizard Wizard "Gumboot Soup"

Imos coas primeiras recomendacións do ano.
Xa temos o quinto álbum dos King Gizzard & The Lizard Wizard do 2017. Chegou polo pelos, o 30 de decembro publicouse no seu bandcamp, e aínda que a edición en vinilo non estará dispoñible ata dentro dun par de meses, cumpriron a promesa de cinco álbumes ao longo do ano, no que o fío de cada un xiraría en torno as posibilidades de instrumentos modificados, evolucionando estructuras de diferentes estilos musicais. O certo é que, o que conseguiron este ano foi unha auténtica pasada (además de regalar os masters do anterior para editar libremente), aínda que por separado ningún dos cinco álbumes sexa unha maravilla, pero de todos se aproveitan moitas cousas. De feito, estes 10 temas que compoñen "Gumboot Soup" semellan, polo estilístico, descartes dos anteriores, con temas moi próximos ao folk alucinado, outros evolucionados desde estructuras de free jazz, e outos que xa se pasan de voltas de metal, e aínda así, paréceme o máis aproveitable de todos os de este ano.

King Gizzard & The Lizard Wizard "Gumboot Soup"
(Flightless Records, 2017)



No hay comentarios: