jueves, 4 de enero de 2018

Tóda-las sesións do 2017

Seguimos co repaso do 2017. 
Unha revisión das sesións do ano, alomenos tóda-las que deixaron arquivos de descarga, que non foron nin a metade das que houbo. Aquí tedes 20 enlaces das case 50 que fixemos ao longo deste ano. Como vedes, comeza e remata coas sesións de Nadal de Calambres.
Aquí tedes tóda-las que compartimos no 2017:

Michi Calambres "Nadal Soul"
(30 decembro 2016)
Aínda quedaba unha sesión máis por compartir do ano anterior. Aquí tedes pouco máis dunha hora do que nos deixou Michi Calambres da súa sesión do 30 de decembro para poñer fin ó Nadal Soul 2016. Metédelle volume!!

"SINGLES2016" (Kurco & Munstaphà)
(14 xaneiro 2017)
Un clásico de cada ano. A selección con todo o mellor do ano anterior, logo dunha noite pelexando coas nosas listas. Dúas horas mesturadas por Kurco e Munstaphá con case 40 temas. Repasa todo o material na etiqueta Singles2016[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #47 
(27 xaneiro 2017)
Primeira entrega do ano da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Aquí tedes unha hora e cuarto de sesión, con moito rhythm'n'blues, funk e soul, con un pouco de antes e moito de agora. Metédelle volume!.
[ver entrada]

Psych.Munstaphà "Trash!#18"
(10 febreiro 2017)
Aquí tedes algo máis dunha hora da primeira entrega de Trash deste ano. Moita da nosa basura preferida ben mesturada, algunha cousa vella, outras renovadas e a maioría pezas dos últimos anos.
[ver entrada]

GALELUWAH "Kraut" (feat. Ptooff!)
(17 febreiro 2017)
En febreiro estreábase outro álter-ego de Ptooff, alucinado polo kraut e a kosmische musik. Aquí tedes case unha hora da sesión de Galeluwah. Metédelle volume para escoitar as flautas en condicións...
[ver entrada]

MARINOCHA ÜBER ALLES #OSLF?
(4 marzo 2017)
Outro ano máis que organizamos no mes de marzo unha programación especial na nosa cabina co ciclo Où Sont Les Femmes?. Aquí tedes sobre media hora da sesión inaugural de Marinocha.
[ver entrada]
PAU PAU A GO-GÓ #OSLF?
(17 marzo 2017)
Máis do ciclo Où Sont Les Femmes?. O 17 de marzo foi o turno de PauPau para continua-la festa logo do concerto dos Breakin' Bones. Moito rockabilly e rhythm'n'blues. Metédelle volume ao máximo.
[ver entrada]
Psych.Munstaphà "Trash!#19"
(7 abril 2017)
Aquí tedes case unha hora doutra entrega da serie Trash! Moita da nosa basura preferida ben mesturada, algunha cousa vella, pero case toda de lanzamentos recentes.
[ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #48 
(28 abril 2017)
Logo de dous meses sen sesións de música negra, volvimos con gañas con outra entrega da serie Black Grooves!! Aquí tedes algo máis de hora de material vello, case todo sacado do baúl... Metédelle volume!.
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #49 
(26 maio 2017)
Nova entrega das Black Grooves!. Aquí tedes algo máis de unha hora da entrega do 26 de maio, todo con seleccións sobre os mellores álbumes dos últimos anos... Metédelle volume!.
[ver entrada]


Kurco SoundSystem "California Über Alles"
(17 xuño 2017)
Tivemos que agardar ata xuño para unha nova visita de Kurco á nosa cabina. En xuño ofreceunos unha sesión para revisar moitas bandas de California, de antes e de agora. CÜA!!
[ver entrada]


Michi Calambres "Sesión 18º Aniversario"
(8 xullo 2017)
Michi Calambres volveu ser o encargado de poñer o fin de festa do aniversario do Rif-Rock. Unha festaza tremenda. Aquí tedes a entrega especial de Calambres polo noso 18º Aniversario.
[ver entrada]


Escalenux "#2"
(15 xullo 2017)
En xullo volvía Escalenux á nosa cabina, o máis novo de tódo-los nosos convidados e a última esperanza do rock and roll. Aquí tedes uns tres cuartos de hora das súas seleccións para poñer ao máximo volume!
[ver entrada]

Kurco SoundSystem
(16 setembro 2017)
En setembro volveu Kurco a cabina. Aquí tedes sobre unha e cuarto que nos deixou da súa sesión, un tobogán de enerxía, dende os 90s ata cousas moi recentes. Metédelle volumen...
[ver entrada]


PTOOFF! "Boomb!"
(23 setembro 2017)
Aínda queda algunha sesión máis sen compartir. 
Aquí tedes case unha hora da sesión de Ptooff do 23 de setembro: Boom!! Garage explosivo e psychodelia troglodita.
Black Grooves! #52
(20 outubro 2017)
Levabamos varias entregas de Black Grooves sen compartir, a #50 por que foi unha especie de greatest hits, e a #51 por que non tivemos tempo. Pero aquí tedes algo máis de unha hora da núm #52, todo con pezas de actualidade.
[ver entrada]

Psych.Munstaphà "Trash!#20"
(17 novembro 2017)
Aquí tedes algo máis dunha hora doutra entrega de Trash. Moita da nosa basura preferida, toda recente e ben mesturada.
[ver entrada]



Black Grooves! #53
(24 novembro 2017)
Número 53 e última entrega do ano da serie Black Grooves. Outra sesión con propostas dos últimos anos e moitos lanzamentos recentes.
[ver entrada]

Psych.Munstaphà "Trash!#21"
(15 decembro 2017)
Outra entrega de Trash. Moita da nosa basura preferida ben mesturada, toda sacada do baúl, rarezas, bandas de culto das que xa ninguen fala e algunha cousa que tiñamos esquecida durante moitos anos.
[ver entrada]

Michi Calambres "Nadal Rocks"
(22 decembro 2017)
A última sesión que subimos do 2017, pero non foi a última. Calambres abría a nosa programación especial de Nadal cunha descarga de garage punk, rock troglodita, e por suposto co rhytyhm'n'blues do máis elegante.
[ver entrada]





No hay comentarios: