miércoles, 11 de enero de 2017

5 discos GZ Canibal 2016

E por último, e máis importante, os discos galegos.
Aquí tedes os nosos cinco discos favoritos do GZ Canibal do 2016.
Que non vos falté ningún!!

5_SR. ANIDO & SRA. ÁLVAREZ 
"18"
(DiscosPorno / Prenom / Grabaciones de Impacto, 2016)
Novo proxecto de Rafa Anido, desta vez acompañado por Javi Álvarez (do Dúo Cobra e Fluzo entre outros). Xuntos son Sr. Anido e Sra. Álvarez e o seu álbum "18" son 9 temas de punk, garage, electrónica e plasti-pop, todo xunto ou por separado. Un disco improbable no que empregan unha lista interminable de instrumentos, historias delirantes (de extraterrestres, boxeadores, e o 'Negro Teenager'), videoxogos e idiomas inventados. Ademáis cun envoltorio de luxo.



4_THEE BLIND CROWS 
"Back from the Cave"
(Grabaciones de Impacto/outros, 2016)
Thee Blind Crows son o dúo de blues punk máis potente do país, e con este 7'' de só catro temas fixéronse cun oco directamente na nosa lista. Son 4 temas contundentes, 'Like a Storm', 'Voodoo Rhythm', 'Mass of Muscles' e 'Do the Jungle', unha trituradora de blues, punk, garage e psychobilly a toda velocidade, e con só guitarra e batería. Lanzado entre catro selos: G. de Impacto, Ghost Highway Recordings, KOTJ Records e Pocket's Robots Records. Recomendadísimo!!



3_GUERRERA 
"Guerrera"
(Matapadre, 2016)
Outra entrega de stoner, psychodelia e desta vez con moitos máis matices que nunca. O seu terceiro álbum leva título homónimo e son 4 temas, un en cada cara do lp dobre: 'Arden Cruces Muertas', as dúas partes de 'Mecánica Certeza', os cortes de 'Calixe', e a experimentación de 'Abacuá'. Álbum moi ambiocioso e cun resultado excelente, longas progresións, ambientacións densas, e moita tormenta, cunha rítmica de escándalo. Para deixarse levar coa súa película.



2_NAVE NODRIZA 
"Apesta"
(Grabaciones de Impacto, 2016)
Dende A Coruña, con membros de Los Aspiradoras e dos SraSrSra. "Apesta" son 13 temas de garage punkarra a toda hostia, que non chegan ós 25 minutos, crudos, salvaxes e divertidos, con melodías moito máis coidadas do que parece, e todo coa producción de Mike Mariconda. 'Teletubbies', 'Alf', 'Mátalo', 'Bicicletas', 'La Modernidad', ou 'Fui yo', dificil escoller a miña favorita. Un dos pelotazos do garage punk deste ano.




1_FAMILY FOLKS 
"All the Lost Causes"
(Gaztelupeko Hotsak, 2016)
O noso favorito do GZ Canibal do 2016!!. O dúo vigués Family Folks, cos multi-instrumentistas Bosco Hill e Rubén Xuarez, aínda que habitualmente contan con moitos colaboradores (e cos irmáns López dos Dead Wood e Los Wavy Gravies, na sección rítmica dos seus directos). "All the Lost Causes" son 10 temas de folk, country, blues e moito máis, con xogos de voces fantásticos e un tremendo despregue instrumental, no álbum interveñen ata 15 músicos convidados para crear unha unha auténtica película de western, con 'Sea of Whiskey', 'Jack Frost Blues', 'Let it Rain' ou 'Yuigon', e pezas como a psychodelia orientalista de 'Song for wife and song' e os ritmos criollos de 'Bamboo (the river come down)'.  Unha  causa perdida para darlle voltas e máis voltas. Fantástico!!


No hay comentarios: