miércoles, 18 de enero de 2017

David Bowie "No Plan EP"

Ademáis da avalancha de reedicións e directos que se están a lanzar de Bowie no último ano, comezamos o 2017 con novos temas que faltaban por publicar.
"No Plan EP" son catro temas, incluídos no musical "Lazarus" que se leva representando dende o 2015 en New York, e que foron gravadas durante as sesións de estudio do seu último "Black Star". Ademáis do propia 'Lazarus', inclúense 'No Plan', a potente 'Killing a Little Time' e 'When I meet You' que nos devolve as melodías dos 70s, e que nunca antes foran publicadas. Coincidindo coa data do que sería o seu 70 aniversario, saen en formato dixital, e o clip da propia 'No Plan'.

DAVID BOWIE "No Plan EP"
(Columbia/Sony, 2016)



No hay comentarios: