jueves, 27 de abril de 2017

The Meltdown "The Meltdown"

Imos con algo de música negra para quentar a sesión de mañán.
Hoxe presentámosvos aos australianos The Meltdown, unha banda de soul e blues Melbourne. Son un sexteto no que destaca a voz de Simon Burke, e este é o seu álbum de debut. 
Practican unah mestura de soul con rock sureño, cun ollo posto nos sons orixinais da Motown e de Stax, e outro directamente nas bandas na música criolla de New Orleans, nunha mestura que habitualmente leva a comparalos cos Alabama Shakes, Father John Misty ou na etapa de blues alucinado do Dr. John, pero algún tramos dos seus temas parece sacado directamente dos primeiros traballos dos Black Crowes, aínda que mantendo sempre unha maior presencia da música negra nos seus rexistros, e achegándose a eses toques sureños só a través do blues.
Os dez temas do álbum presentan dúas partes ben marcadas, a primeira máis suave, con pezas abertamente soul, aínda que comeza coa espectacular 'Darkness into Light', unha especie de soul fronterizo que parece saído dun auténtico western, o tema máis pop do álbum 'Crooked County' cunha base rítmica que vos lembrar a outra cousa, 'Secret Life' é soul, é blues e hipnotiza cos seus coros gospel, igual que o tema final 'Colours in the Sky', ou as pezas nas que a voz de Burke levan o peso de todo o tema, coma a sentida 'Forever and always' ou 'Better Days' (que fora un dos seus singles publicados no 2016) con elementos máis rítmicos.
A outra parte do álbum é moito máis dinámica, 'Don't Hesitate' é a auténtica peza funk do álbum, unha  xoia rica en melodía, ritmo, metais, e coros, continúa á perfección coa tremenda 'How funny is Another Man's' outra peza con estructura de funk e r'n'b pero convertida en blues na maioría dos seus elementos. Chegando ao final 'Slow Fever' e outra mestura semellante, neste caso puro rhythtm'n'blues enriquecido e potenciado, e con 'The Other Side' se desquitan antes de rematar coa peza de blues e southern rock por excelencia do álbum. 
Xogan con tódo-los elementos ao redor da voz de Burke, e ainda que o cubren todo de elementos soul con maestría, fará seguro as delicias dos amantes do blues. Sobre toda nesa segunda metade do álbum moito máis rica e polivalente.


THE MELTDOWN "The Meltdown"
(Hope Street Recordings, 2017)




No hay comentarios: