miércoles, 28 de junio de 2017

CAN "The Singles"

A carreira dos CAN foi tan bestial coma irregular. Foron seguramente o maior referente do kraut rock xermano dos 70s, cambiaron para sempre moitos parámetros da psychodelia, do avantgarde e da experimentación, e foron fundamentais na transición aos post-todo dos 80s e adiantados de moitas propostas dos 90s. Deixaron unha inmensa colección de temas pero sobre todo foron transgresores no conceptos musicais, como banda e como colectivo, no musical adaptando as propostas de Stockhausen, e no político coma exemplo de comuna política expresada a través da música (nunca está de máis lembrar que o nome da banda ven do acrónimo Communism-Anarchism-Nihilism). Viviron cambios trascendentais na súa formación, tiveron intentos fallidos de rexenerarse, e en medio deixaron un dos mellores álbumes da historia: o "Tago Mago" de 1971 que os levou a eternidade. 
Cunha carreira tan longa e prolífica é lóxico que xeneraran ducias de recopilatorios. As únicas que mereceron o meu interés foron as que recollían temas inéditos, sobre todo a monumental colección dos "Lost Tapes" de 2012. 
A mediados de mes lanzouse unha nova colección plantexada coma nunca antes os viramos: "CAN, The Singles" recolle os temas de tódo-los seus 7'', todas esas pezas dispersas en edicións de pequeno formato que habitualmente non asociamos con esta banda. Comeza con 'Soul Desert' e 'She brings the Rain', o que fora o seu primeiro 7'' en 1969, con mostras de toda a súa polivalencia sonora. A selección discurre cronolóxicamente ata rematar coa súa época menos afortunada con 'Can Can' publicado en 1980, e aínda inclúen o seu último lanzamento 'Hoolah Hoolah' de 1990 que foi a súa incursión na música electrónica nun momento no que a continuidade da banda realmente non tiña demasiado sentido. Un dos principais atractivos é precisamente atopar moitos deses temas menores aos que habitualmente non se lles presta a misma atención durante a súa primeira etapa. Por exemplo 'Turtles Have Short Legs' que aparecía coma single en 1971 e nunca foi incluído na súa versión de estudio en ningún álbum. Na cara B dalquel single se incluía unha versión editada de 3 minutos e medio da inmensa 'Halleluwah' (que no album son 18 minutos) igual que ocurre con 'Dizzy Dizzy' ou 'Future Days', pero iso é o que teñen os singles, un tempo moi limitado. Ahí están tamén temas imprescindibles coma 'Mushroom' ou 'Moonshake'. Un traballo perfecto para os que queiran comezar a adentrarse no universo dos CAN, e útil para os que queremos completar ocos das nosas coleccións.

CAN "The Singles"
(Mute/Spoon Records, 2017)


No hay comentarios: