martes, 27 de junio de 2017

Diola "Diola"

Recomendacións de álbumes para esta semana, e comezamos con producto da terra. Das cinzas dos tremendos Unicornibot naceron Diola. Xa vos recomendamos o seu ep de presentación no 2015 (ver entrada). Agora por fin lanzan o seu primeiro lp da man do mítico selo B-Core.
Manteñen moito da esencia dos Unicornibot, pero non é o mesmo. Math rock como base e moitas evolucións de post-hardcore en tóda-las direccións, distorsión e programacións electrónicas, e letras sinxelas e diversidas que se repiten coma mantras.
O seu debut en longo chámase sinxelamente "Diola", e son 10 temas con toda-las súas propostas e un auténtico tobogán e ritmos e cambios. 'Riñones' a explosividade de 'No lo sé', a progresión de 'Charo', os ritmos máis bailongos de 'Sábado' e 'New Wave' coas súas referencias afrokraut, o 'Math' de manual e para rematar 'La Gozadera'. Nin un segundo de aburrimento con esta xente.
Diola na web de BCore.

DIOLA "Diola"
(B-Core disc, 2017)



No hay comentarios: