viernes, 16 de junio de 2017

Jason Loewenstein "Spooky Action"

Levábamos moitos anos sen novo material de Jason Loewenstein. Logo das idas e voltas dos Sebadoh e da súa incorporación aos Fiery Furnaces, dende aquel fantástico debut en solitario no 2002 con "At Sixes and Sevens" somentes lanzou unha colección dixital e diversas edicións con compilacións de grabacións caseiras a medio terminar.
Despois de 15 anos chega ao fin un álbum novo. "Spooky Action" son 13 novos temas, supoñemos que a maioría elaborados ao largos de moitos anos. Son temas de como Loewenstein entendía o rock alternativo nos 90s, e como segue a facelo, de como sempre debeu ser. 'The One', 'Navigate', 'Machinery' ou 'New Rocker' nos devolven directamente a aquel son dos Sebadoh máis elaborados, con rítmicas imposibles, melodías perfectas e guitarras de outra época. Un xenio que está de volta.
Dispoñible dende hoxe mesmo, recomendadísimo!!

JASON LOEWENSTEIN "Spooky Action"
(Joyful Noise Recordings, 2017)




No hay comentarios: