lunes, 14 de agosto de 2017

Ty Segall "Fried Shallots EP"

Pouco a pouco imos recuperando o ritmo do blog, así que xa vai sendo a vez dunha cantas recomendacións de discos frescos.
Comezamos a semana co novo traballo de Ty Segall, "Fried Shallots EP", que reúne vellos temas de diferentes épocas, entre o 2011 e comezos deste ano, todos gravados de novo, e un par deles inéditos. A recadación irá a beneficio da Asociación Americana de Libertades Civís. 
Son seis temas entre os que atopamos a ruidosa 'Big Man', a potente 'Dust', o divetimento acústico de 'When the Gulls turn to ravens', o garage de 'Is it Real' auténtica marca da casa, 'Another Hustle' con fantásticos xogos entre a guitarra acústica e o baixo, ou 'Talkin' do seu último álbum de comezos de ano.
Xa dispoñible en dixital, o vinilo a partires da próxima semana.

TY SEGALL "Fried Shallots EP"
(Drag City, 2017)



No hay comentarios: