jueves, 14 de diciembre de 2017

Nadal Rocks! 2017

Aquí tedes o que preparamos para unha nova edición da nosa programación especial de Nadal!! Xa avisamos que este ano non sería Nadal Soul... tampouco temos ao Continental para compartir o evento, pero isto ten que seguir. 
Este ano será NADAL ROCKS! e xa veremos o próximo de que irá a cousa.
Serán dúas fins de semana entre o 22 e o 30 de decembro, cos directos dos BREAKIN' BONES e os DRAMA QUEENS, ademáis das sesións a cargo de Michi Calambres, o Chief Bromden, Bimba e Ptooff!
E como nas pasadas edicións, contaremos coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK Classic e GIN SUMMUM, e os de ULOMANÍA COOP. que sempre andan polo medio.
Coma sempre, todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!


Aquí tedes o programa completo:

Venres 22 decembro.
Sesión do noso gurú Michi Calambres, que desta vez será o encargado de abrir o programa. Bailes trogloditas e todo o que lle pete. O noso picadiscos favorito non podía faltar.

Sábado 23 decembro.
BREAKIN' BONES en directo 23:45h. + sesión Bimba.
Un dos pratos fortes do programa, e un dos retornos máis agardados da tempada. Os Breakin' Bones están de volta!! Con nova enerxía, novos temas, e con novo contrabaixista que se presentará en público no Rif-Rock. Comezan a súa xira Tiros Largos, de relanzamento do seu ep "Pura Maldad" (ULO-003), temos unha ganas enormes de volver a velos e acción.
Despois da descarga de psychobilly, o turno de Bimba na cabina, sen etiquetas, que nunca deixa de sorprendernos en cada sesión. Menuda noite que nos espera...

Venres 29 decembro.
Será o turno do Chief Bromden, que neste 2017 só visitou unha vez a nosa cabina, así que seguro que ven con moitas ganas. Xa sabedes, funkys criollos e rockanroles.

Sábado 30 decembro.
DRAMA QUEENS en directo 23:45h. + sesión Ptooff!
Na última noite desta edición, presentámosvos aos Drama Queens, outra volta de torca da big band da casa, que chegan con nova proposta e con algún compoñente novo, e tamén cunha obsesión cinematográfica por resolver. Teredes que vir para comprobalo, non vo-los perdades!! 
Para o fin de festa teremos a Ptooff na cabina, poñendo todo o que lle pete, coma sempre, que por algo é o máis habitual de todos.

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor!

No hay comentarios: