miércoles, 25 de abril de 2018

Mequetrefe "Infraground"

Os Mequetrefe non se prodigan moito, pero cada vez que lanzan novo material sempre lles adicamos tempo. 
O seu último traballo data xa do 2013 ("Gobi EP"), e agora volven con este "Infraground" (Camila Records), con sete novos temas de space rock, psychodelia e electrónica, todo producido por Ian Crause (ex Disco Inferno). 
Abren  con 'Finlandia', que xa adiantaran en video clip o ano pasado, e segue con pezas que alternan as melodías pop con desenrolos instrumentais e xogos de texturas e atmósferas, pero máis concentrado que anteriores entregas. Recoméndovos 'Sálvame', 'Bastard's Party' ou 'Nine'.
Polo momento nos temos noticias de edición física deste traballo, pero xa o teñen dispoñible para escoita ou descarga de balde no bandcamp.

MEQUETREFE "Infraground"
(Camila Records, 2018)



martes, 24 de abril de 2018

Melange "Viento Bravo"

Unha das xoias que nos quedaron atrás no 2017 foi este "Viente Bravo", o segundo lp dos madrileños Melange, con ex dos fantásticos Lüger e Los Imposibles. 
No seu momento xa vos recomendamos o seu debut (ver entrada), un tremendo álbum dobre, moi ambicioso e pouco habitual para un estreno, que nos presentaba unha interesante proposta de folk psychodélico, rock progresivo e space rock. 
A finais do ano pasado lanzaron este "Viento Bravo" que continúa a mesma liña e incluso, resulta máis acertado por concentrarse en nove temas nun só disco, todos cheos de matices moi distintos que lle dan ao conxunto maior dinamismo do aparente. Resultan hipnóticos dende o primeiro corte con 'Río Revuelto' ou o folk de 'Cotard', e sobre todo coa fantástica 'Ruinas', para min a máis salientable do álbum. Pero hai moito máis, os ritmos máis frenéticos de 'Cheroqui', a contundencia de 'Haftraum 25', a máis lisérxica 'Armas preparadas', e a explosión de ritmo final de 'Splendor Solis'. Recomendado!.

MELANGE "Viento Bravo"
(Discos Tere & Beyond Beyond is Beyond Records, 2017)




lunes, 23 de abril de 2018

Día do Libro

Feliz día do libro.
Na imaxe, o mítico "Teen Spirit, de Viaje por el pop independiente" (Reservoir Books, 2004), unha obra colectiva coordinada por Javier Blánquez e Juan Manuel Freire, seguramente o volumen máis ambicioso escrito en España sobre a historia da música alternativa. 
A semana pasada volvin a releer varios capítulos logo de moitos anos, e creo que terei que volver a leelo completo de novo. Un imprescindible.


domingo, 22 de abril de 2018

Sáb.28: Isi Vaamonde, Rubén Iglesias & Bruno Barreiro en directo, 'Unstable Killer'

O próxima fin de semana volveremos con música en directo.
Volve ISI VAAMONDE ao Rif-Rock, acompañado por RUBÉN IGLESIAS e BRUNO BARREIRO. Todos de casa, e presentándonos os seus últimos temas, e algunha cousa nova en pequeno formato: Unstable Killer.
Sábado 28 de abril, dende as 23:45h. Non vo-lo perdades!

*O cartel está composto sobre a pintura de Emérita Méndez Unstable Killer, inspirada polo mesmo tema de Vaamonde, que presentara na expo colectiva Cancioneiro, de Artefacto Salnés, 2016. 
Podedes ver o orixinal aquí.



sábado, 21 de abril de 2018

Record Store Day 2018

Este sábado celébrase o Record Store Day, o día das tendas de discos, un dos máis bonitos do ano, que chega a súa undécima edicion neste 2018.
Atoparedes a programación oficial dos establecementos que participan por todo o estado na web do Record Store Day Spain, ademáis de descontos e outras actividades que se organizan sen tanta previsión. 
A lista con tódo-los lanzamentos oficiais para a ocasión aquí.
Nós xa estivemos aforrando para encargar unhas cantas edicións especiais das que se lanzan para este día. Achegádevos á vosa tenda de discos habitual, e a mercar música, e se é para regalar aínda mellor!!


viernes, 20 de abril de 2018

Esta noite: Black Grooves!


Promoción Ulomanía

Este fin de semana, coincidindo co RSD, os de Ulomanía Coop lanzan unha oferta especial co lote das súas tres primeiras referencias.
*dispoñible no Rif-Rock, e avisamos, que quedan moi poucos...


jueves, 19 de abril de 2018

Guana Batz "Back to the Jungle"

Imos con un pouco de psychobilly, que a estas alturas do blog nunca vos temos recomendado nada dos míticos Guana Batz.
Foron xunto cos Meteors os mellores expoñente do psychobilly británico, e logo de case 20 anos de parón, o ano pasado retomaron a actividade lanzando o single "Burning Up" como adianto deste lp.
"Back to the Jungle" é todo unha declaración de intencións, coma se o retomaran exactamente onde o deixaron. Este novo traballo ten 8 novos temas, ademáis dos catro do ep do ano pasado. Arrancan ben rítmicos, cos poderosos ritmos tribais 'You're so Fine', e non poderedes deixar o pes parados con 'End of the Real World'. Por suposto, hai pezas de psychobilly de manual marca da casa coma 'Martian Princess', 'Tyburn Tree' ou a frenética 'Tank Slapper'. Polo medio 'Heartbeat' o auténtico pelotazo do álbum que xa trascende o propio xénero. Para rematar, unha versión en directo do 'Jungle Rumble', que aparecía xa no seu primeiro 7'' de 1983.
Un pracer telos de volta.

GUANA BATZ "Back to the Jungle"
(Tomstone Records, 2018)







Breakin' Bones Vs Travesti Afgano

Unha recomendación para comezos de maio.
Os BREAKIN' BONES e os TRAVESTI AFGANO nun combate a dous asaltos.
O sábado 5 de maio na SalaSón de Cangas.


miércoles, 18 de abril de 2018

Sesión de DarkBlack #OSLF

Aínda tiñamos pendente de compartir algunha das sesións do ciclo OSLF.
Aquí tedes unha selección de Dark Black, da súa sesión do 24 de marzo, a mellor entrega de Black Grooves que lembramos en moito tempo. Pay it loud!

Dark Black "#OSLF?"
(sesión Rif-Rock 24 marzo 2018)





Este venres Black Grooves

A entrega da serie Black Grooves deste mes de abril estaba prevista para o día 28. Ao final adiantaremos a data para o día 20. Así que este mesmo venres tedes cita coa música negra, toca sesión Black Grooves. BG#56.



martes, 17 de abril de 2018

28 abr: ISI VAAMONDE & cía, en directo

Imos con algo de música en directo, que xa vai tocando....
Volve ISI VAAMONDE ao Rif-Rock, acompañado por RUBÉN IGLESIAS e BRUNO BARREIRO. Todos de casa, e presentándonos os seus últimos temas, e algunha cousa nova en pequeno formato: Unstable Killer.
Será o sábado 28 de abril, dende as 23:45h. Non vo-lo perdades!

O cartel está composto sobre a pintura de Emérita Méndez Unstable Killer, inspirada polo mesmo tema de Vaamonde, que presentara na expo colectiva Cancioneiro, de Artefacto Salnés, 2016. Podedes ver o orixinal aquí.


R. Lee Ermey

Ronald Lee Ermey
(1944-2018)



lunes, 16 de abril de 2018

Yo La Tengo "There's a Riot Going On"

Levamos varias semanas escoitando o novo dos Yo La Tengo, e aínda non atopáramos un intre para adicarlle unha liñas. 
Esquecédevos do "Ride the Tiger", "I Can hear...." ou "I'm Not Afraid..." por citar algún dos máis recentes. Este "There's a Riot Going On" é un traballo case que para escoitar coas luces baixas e deixarse levar, sen estridencias nin pezas espectaculares. É un álbum case conceptual, coma unha banda sonora imaxinaria para poñelo e deixarse levar, de melodías, susurros e texturas, pero no que as letras e a mensaxe son absolutamente protagonistas. O presentan directamente coma un álbum reflexivo para estes tempos escuros, retomando o ideal do "There's a Riot..." de Sly Stone, pero dende a tranquilidade e con caracter optimista. 
Hai pezas de pop coma 'Shades of Blue', ou a enerxía contida de 'Fou you too', pero dominan as pasaxes puramente atmosféricas coma 'Shortwave', ou directamente algunha nana coma 'Dream Dream Away'. Tamén atoparedes pezas máis complexas con toques de bossa en 'Let's do it Wrong' ou as estructuras de jazz en 'Above the Sound'. Dende logo non será dos álbumes que máis recordedes dos YLT, pero pode ser do máis relaxante que ecoitáchedes en moito tempo. Adicádelle tempo.

YO LA TENGO "There's a Riot Going On"
(Matador Records, 2018)



domingo, 15 de abril de 2018

Goat 'Let it Burn'

Tra-los varios meses sen novas entre rumores de separación da banda Goat, volven á cargar anunciando novo single: 'Let it Burn', que presentan con este videoclip. Esta realizado sobre o material da curtametraxe Killing Gävle de The Guardian
A saída prevista para finais de maio. 



"Bowie, una biografía" por María Hesse

Seguro que a estas alturas xa escoitáchedes sobre esta novela gráfica.
"Bowie. Una Biografía" é a nova entrega da ilustradora María Hesse, logo do éxito da súa entrega anterior sobre Frida Kahlo. Nesta ocasión deixa os textos en mans de Fran Ruíz. O resultado non recibe máis que boas críticas. Aínda non nos fixemos con el, pero xa temos ganas.

MARÍA HESSE & FRAN RUÍZ "Bowie, una biografía"
(Lumen, 2018)



sábado, 14 de abril de 2018

Miloš Forman

Miloš Forman
(1932-2018)

foto da web milosforman.com

Green Seagull "Scarlet Fever"

Unha das novidades que máis nos esta gustando nestas últimas semanas é o debut dos británicos Green Seagull, que con só un par de singles xa comezaron a dar moito que falar entre a escena de revival 60s.  
Un single no 2017 ("Scarlett b/w They just don't know") serviu para poñelos en boca de toda a crítica, e a finais de ano lanzaban "(I Used to Dream In) Black and White b/w Not Like You And Me" como adianto deste álbum.
A súa proposta baséase no folk psychodélico, achegándose ao freakbeat, coas mellores referencias do mellor do sixtie británico no retrovisor.
Unha colección de temas coidados e moi elaborados, no que as boas melodías  teñen todo o protagonismo. Por recomendarvos algún corte, a marabillosa '(I Used to Dream In) Black and White', que os conecta cos traballos de folk máis alucinado dos Kaleidoscope, ou o toque beat de 'What happened to the girls?' e 'Shrubbery Road'. Pero sobre todo me quedo cos temas máis ácidos, como 'Unseen Eyes' e a esencia freakbeat en 'They lust don't know' ou 'Scraggly Old Tramp'. 
Un dos discazos do que vai de ano.

GREEN SEAGULL "Scarlet Fever"
(Mega Dodo Records, 2018)



viernes, 13 de abril de 2018

Charles 'Mad Dog' Sheffield

Imos con un clasicazo do noso repertorio bastante descoñecido.
Charles Mad Dog Sheffield, foi un cantante de rhythm'n'blues, que deixou un par de auténticos pelotazos, pero que inexplicablemente non triunfou e abandonou a súa carreira demasiado rápido.
Era orixinario de Beaumont, Texas, da zona do Golfo, e as súas primeiras gravacións se lanzaron no selo local Goldband. O seu primeiro tema foi precisamente o tema "Mad Dog", publicado como Mad Dog with The Bon Ton Garlow Orchestra, un standard de blues lanzado en 1957.



En 1959 comezou a traballar con J.D.Miller, aínda que descoñecemos lanzamentos deses anos, ou como repartían os seus roles. Desa época data a gravación do single 'I Got Fever b/w Isabella", asinado como Charles 'Maddog' Sheffield with Clarence Garlow's Band, cun claro xiro cara o rhythm'n'blues, pero que non chegou ata nós ata a reedición do mesmo 7'' do ano 2012. 



Non hai máis noticias ata 1961, cando firma co selo Excello, de Nashville. Ahí gravou uns cantos singles: en 1961 lanzaba o fantástico "it's your Vooddo Working b/w Rock 'N Roll Train", ao que seguiu case de inmediato "I would be a Sinner b/w Kangaroo", aínda que a data deste lanzamento non está rexistrado con claridade. 'It's your Voodoo Working' é un auténtico pelotazo, r'n'b moi elaborado, cunha rítmica funk e percusión criolla, e moitos elementos propios dos inicios do mesmísimo Screaming Jay Hawkins.



Dende ahí pérdese a súa pista. As súas gravacións eran dignas de éxito, pero nunca tiveron repercusión máis aló do circuito local. Afortunadamente, o recoñecemento do tema 'It's your Voodoo Working' chegou anos despois, con varias reedicións en 7'', en splits compartidos con temas de outros artistas esquecidos, ou con diferentes caras b do seu propio material que recuperan o contados temas que deixou gravados na súa efímera carreira.

jueves, 12 de abril de 2018

"Una chica sin suerte", de Noemí Sabugal

O mes pasado adicábamos unha entrada a facer un breve repaso da carreira da gran Big Mama Thornton, e nestas semanas atopámonos con este lanzamento.
O libro "Una chica sin suerte", de Ediciones del Viento, no que Noemí Sabugal nos leva á súa xira por Europa en 1965, que compartíu con John Lee Hocker e J.B. Lenoir. Unha novela breve inspirada en feitos reais.

Noemí Sabugal "Una chica sin suerte"
(Ediciones del Viento, 2018)


Na web da editora o presentan así:
En 1965, dentro del American Folk Blues Festival que desde tres años antes recorría Europa con los mejores músicos de blues, “Big Mama” Thornton llega a Alemania, donde iniciará una larga gira por Europa. Aviones, autobuses, hoteles y salas de conciertos van desfilando a lo largo de dos meses y treinta conciertos desde Suecia hasta España, pasando por Suiza, Bélgica, Holanda, Inglaterra, Irlanda, Francia… Y también por la cabeza de Big Mamma va desfilando su vida. Este libro está basado en la gira por Europa de Willie Mae ‘Big Mama’ Thornton, en 1965. Pero, ¡hey baby!, recuerda que es una novela.

miércoles, 11 de abril de 2018

Trash#22

Aquí tedes un bo rato da sesión Trash do vernes pasado cheo de underground mesturando novidades e moitas cousas do baúl. A ver que vos parece...

Psych.Munstaphà "Trash#22"
(sesión Rif-Rock 6 abri.2018)
faite con trash#22 aquí.



martes, 10 de abril de 2018

Triángulo de Amor Bizarro, clip 'Les llevaré mi cruz'

Hai un par de semanas vos recomendábamos o ep "El Gatopardo" dos Triángulo de Amor Bizarro. Neste días lanzaron tamén o video clip de 'Les llevaré mi cruz'.



Catro Ventos: "As mulleres e os homes"

Máis edicións que nos chegan dende Catro Ventos editora.
Se a comezos de ano nos presentaban as novidades entre as que se atopaba a reedición do volume infantil "Así é a ditadura" orixinal do Equipo Plantel de finais dos 70s, agora é o turno doutra reedición dos mesmos autores.
Trátase de "As mulleres e os Homes", lanzado orixinalmente en 1978, e que 40 anos despois semella, unha vez máis, plenamente vixente. 
Dende a editora o presentan así:
Cando valoramos traducir As mulleres e os homes, escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque neste tema a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)Así e todo, as mulleres non só non desfrutan de moitos privilexios que semellan reservados para os homes, senón que seguen a sofrer en todo o mundo grandes discriminacións.

Atoparedes a reseña, toda a info e mostras en pdf no seu catálogo online.
E dende a semana pasada, tamén dispoñibles no noso local.


lunes, 9 de abril de 2018

Little Juice, clip de 'Trust'

Comezamos a semana co video clip de 'Trust', o primeiro que nos presentan os Little Juice do seu ep "Drøwn" [ULO-004].
Edición e montaxe de Irene Ríos.
Compartide.



sábado, 7 de abril de 2018

Little Juice "Drøwn"

Little Juice "Drøwn" [ULO-004]
Xa temos no local unha boa remesa do primeiro ep dos Little Juice. 
Dende esta noite xa podedes facervos con el, e recoller reservas. 
Apurade que a tirada é pequena.


jueves, 5 de abril de 2018

Kim and Leanne "True West"

Levamos unha boa tempada metidos no universo do australiano Kim Salmon, así que non vos estrane que nas seguintes semanas caigan álbumes dos seus múltiples proxectos por aquí.
Hoxe recomendamos este "True West" do 2014, asinado como Kim and Leanne. Son Kim Salmon e Leanne Cowie, tamén ex-Scientists, guitarra e batería a pau seco para desenrolar de xeito aínda máis crú os sons minimalistas dos Scientists ou dos primeiros traballos cos Surrealists. 
En "True West" atopamos distorsión e densidade, como en 'The Science Test', con aires máis garageros de 'Carry-on Baggage' e 'So Naive', ou pezas de punk-rock máis clásico coma 'Ow! Baby Baby' e 'Just a tick'. Pero o que domina o álbum son as melodías extranas e estructuras menos habituais, ás que sempre se refire como rock cubista, cheas de creatividade e a busca de novas posibilidades, coma en 'Freudian Slippers', 'Rude Embryos', 'Hard to get' ou 'Get a Hold of your World', cambios de ritmo, pausas, e melodías moi tolas. 
Foi unha proposta efímera, pero o resultado é un dos álbumes máis crús da súa longa carreira, e sen dúbida, no que saca máis rendimiento con menos.

KIM AND LEANNE "True West"
(Guilt Free Recs/Bang! Records/Burger, 2014)



miércoles, 4 de abril de 2018

Little Juice "Drøwn" EP

Xa está aquí a nova referencia de Ulomanía Coop. [ULO-004].
Trátase de "Drøwn" dos LITTLE JUICE, un ep de cinco temas co seu característico soulpop, e presentado cos deseños de ATDP sobre as fotografías de Irene Ríos. Unha edición preciosa nunha tirada moi limitada.
Dispoñible dende hoxe mesmo, e esperamos que durante o fin de semana xa poidades recoller as vosas reservas no Rif-Rock.
Mentres, xa o podedes escoitar completo no seu bandcamp.
Non quededes sen el.



Esplendor Geométrico


Este sábado, os míticos Esplendor Geométrico estarán por primeira vez en directo en Galicia. Será o sábado 7 de abril, na Sala Malatesta de Compostela, entre outras moitas propostas do Melona Fest#3.
Unha desas bandas que hai que ver alomenos unha vez na vida.



martes, 3 de abril de 2018

Basanta 'Inferis'

A finais de mes sairá un dos debuts máis agardados da tempada: o primeiro álbum dos vigueses Basanta, "Colorama", previsto para o 20 de abril.
Polo momento temos a primeira peza de adianto, este 'Inferis', tema precioso do seu aquelarre de psychodelia pop, e tremendo video clip que lanzaron a pasada semana, estreado na web Tentaciones/ElPais
Apuntan a un dos pelotazos seguros deste ano.
Xa podedes reservalo no seu bandcamp.


Siouxie

Siouxie & The Banshees "Peepshow" 1988.


jueves, 29 de marzo de 2018

The Monochrome Set "Maisieworld"

Xa sabedes da miña debilidade por The Monochrome Set, seguramente a mellor banda descoñecida de pop do pleneta. En case 40 anos dende os seus comezos fixeron de todo, e agora nesta segunda etapa da súa carreira están nun momento de forma envexable. Neste 2018 lanzan novo álbum, este "Maisieworld", ao tempo que se publica un box set cos seus primeiros seis álbumes entre 1979 e 1985. Unha boa oportunidade para reivindicarse, que xa lles toca.
"Maisieworld" son dez novos temas de pop luminoso, como nos teñen acostumados nos últimos anos, de melodías impecables e instrumentación sofisticada e moi elaborada. Podes escoitar 'Gime me your youth' mil veces e prestar atención a moitas cousas cada vez, a liña de baixo de Andy Warren que é un auténtico escándalo, unha guitarra case de jazz, ou buscarlle significado á letra, pero o resultado é unha peza de pop psychodélico do mellor que teredes escoitado en moito tempo. Seguir con 'Stage Fight', 'I fell fine (really)' ou 'Silence is Rusty' é volver á mellor época dos Smiths. Toques de folk, psychodelia, e pop luminoso, con repouso das súas orixes de post punk e new wave, pero moito mellor evolucionado que a maioría da súa xeración. Unha delicia coma sempre.

THE MONOCHROME SET "Maisieworld"
(Tapete Records, 2018)



"Drøwn" dos Little Juice, a próxima semana

Xa está aquí a nova referencia de Ulomanía Coop.
Trátase do EP "Drøwn" dos Little Juice, que estará dispoñible dende a próxima semana (4 de abril), nunha edición moi limitada. 
Mentres, xa o podedes atopar completo no seu bandcamp.
Non quededes sen el.

miércoles, 28 de marzo de 2018

Semana Santa, de mércores a sábado

Nestes días de Semana Santa abriremos de mércores a sábado, así que dende esta mesma noite xa estamos de volta.
E ademáis lembrade que seguimos coas últimas sesións do ciclo OSLF:
o venres Reckless Daughter, e o sábado Lila Eléctrica!.
Non vo-lo perdades.


Triángulo de Amor Bizarro "El Gatopardo"

A semana pasada, os Triángulo de Amor Bizarro presentaban o seu novo EP, "El Gatopardo". Catro temas comprometidos e oportuno para estes tempos que corren.  Menos ruidosos aparentemente, pero cada vez máis ricos no musical.
Na cara A atopamos os dous temas máis dinámicos, a contundente 'O Isa' xa pinta a pelotazo, que os conecta directamente coa rítmica de bandas como os Oh Sees, 'Les llevaré mi cruz' moito máis melódica e con esa subida final. A cara B máis pausada, co medio tempo de 'Ciudadanos' na peza máis pop do EP, e a propia 'El Gatopardo', compendio de todo o anterior e rítmica contundente, mudar su piel para que no cambie nada... Metáforas medievais, din que inspiradas nas cantigas de escarnio e maldizer, e que lle dan un repaso a actualidade político social do país sen deixar títere con cabeza. Moi necesario.
500 copias en vinilo, a ver se non quedades sen el...
O audio do ep completo aquí.

TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO "El Gatopardo"
(Mushroom Pillow, 2018)



martes, 27 de marzo de 2018

Fu Manchu "Clone of the Universe"

Hay moitos anos que non lle prestamos atención aos Fu Manchu. Posiblemente a última oportunidade foi co "We must Obey" do 2007, e dende entón xa levan un par de álbumes máis. Xusto cando conseguiron unha formación máis estable a súa proposta sónica deixou de ter interese naqueles anos. Desta vez puido a curiosidade, e tras varias recomendacións, caímos neste "Clone of the Universe". De entrada seis temas coma seis sopapos, a toda hostia, a guitarrazo limpo, e moitos cambios de ritmo, case imposible seguirlle a pista a batería de Scott Reeder. 'Intelligent Workship', 'Don't Panic' ou a propia 'Clone of the Universe' alixeiran o recargado do último que lles tiñamos escoitado, máis directos nunha cara a con temas entre 2-3 minutos, aínda que ningún deles nos devolve aos fantásticos temas de "In serach of..." do 96 ou "Kings of the Road" do 99. A cara b do vinilo está ocupada por completo polos 18 minutos de 'Il Mostro Atomico', suite machacona na vertente máis psychodélica do stoner, un pouco excesiva, pero acaba por ser o máis salientable do álbum. Aínda teremos que darlle máis voltas...

FU MANCHU "Clone of the Universe"
(At the Dojo Records)



domingo, 25 de marzo de 2018

viernes, 23 de marzo de 2018

Este finde: Dark Black & Marinocha!

Este fin de semana, sesión dobre no ciclo OSLF?.
Esta mesma noite debuta na nosa cabina Dark Black, e o sábado será o turno de Marinocha, que ven con ganas... Non vo-lo perdades!


jueves, 22 de marzo de 2018

The Limiñanas "Shadow People"

A finais do ano pasado, The Limiñanas lanzaban o EP "Istambul is Sleepy", como adianto do sey próximo lp. A finais de xaneiro chegaba este fantástico "Shadow People", con dez novos cortes que seguen a evollucionar dende o naïf dos seus primeiros traballos ata a riqueza da súa proposta actual, psychodelia densa e por mementos escura, basada no garage psych e o surf instro e ducias de referencias entre os mellor dos 60s e os 80s.
En "Shadow People" inclúen dous temas daquel Ep, a propia 'Istambul is Sleepy' con Anton Newcombe, e 'Shadow People' coa colaboración de Emmanuelle Seigner que lle da título ao álbum, dúas pezas tremendas que seguen a ser o mellor do álbum. As colaboracións non se quedan ahí, Peter Hook (Joy Division, New Order) pon o baixo en 'The Gift' (xa colaborara con eles no seu anterior "Malamore"), e Bertrand Berlin  e Renaud Picard que aportan voces e coros en varios temas. Os ritmos motorik dominan todo o álbum, pero son protagonistas en 'Ouverture' e 'Motorizzati Marie', menos nos temas máis pausados, nos que dominan as atmósferas e as melodías ('Le Premier Jour' ou Pink Flamingos'). Cara o final 'Trois Bancs'  equilibra e resume todo o anterior. Seguen evolucionando no seu son, e neste álbum conseguen momentos realmente brillantes. Recomendado.

THE LIMIÑANAS "Shadow People"
(Because Music, 2018)



Yo La Tengo "I Can Hear the Heart Beating as One"

Mentres agardamos por facernos co novo álbum dos Yo La Tengo, imos a revisar un dos seus clásicos.
O seu camiño sempre foi o da exploración das posibilidades do pop e a pura mitomanía. "Painful" (1993) foi o álbum no que crearon novas atmósferas mesturando o shoegaze co dream pop, e o exitoso "Electr-O-Pura" (1995) continuaba as mesmas premisas dende as atmósferas de guitarra da Velvet Underground. O seguinte álbum de estudio foi este "I Can Hear the Heart Beating as One", lanzado en abril de 1997, octavo da súa carreira, no que continuaban coas texturas basadas nas guitarras, pero nesta ocasión ampliaban os seus rexitros ata onde ninguén da súa xeración chegara antes. 
Foi o seu álbum máis ambicioso ata aquel momento, logo chegarían outros proxectos dese calibre, pero este foi o primeiro dos seus traballos longos e sen concesións. Beating as One engadía electrónica e trip hop, bossa nova e ritmos tribais, krautrock e psychodelia. Unha variedade amosada en 'We're an American Band', 'Center of Gravity', 'Deeper into Movies', 'Moby Octopad', a enorme 'Spec Bebop' ou 'One PM Again', e ademáis os principais singles máis recoñecibles do álbum: 'Autumn Sweater', a versión do 'Little Honda' dos Beach Boys, e a fantástica 'Sugarcube'. Un discazo que os levou ao máis alto, e segue a ser considerado o seu mellor traballo. 
Un imprescindible en calquer colección. 

YO LA TENGO "I Can Hear the Heart Beating as One"
(Matador Records, 1997)



miércoles, 21 de marzo de 2018

Beasts of Bourbon "Box Set"

Levo todo o mes enganchado ao box set dos Beasts of Bourbon!!
A caixa foi editada no 2009 por Bang! Records, e inclúe os seus tres primeiros traballos: "The Axeman's Jazz" de 1984, "Sour Mash" de 1988" e o "Black Milk" de 1990. Había anos que non lles prestaba atención, pero agora que me fixen con esto non os podo quitar da cabeza.


Ian Svenonius "Te están robando el alma"

A finais do ano pasado, Blackie Books publicaba a edición en castelán do último ensaio de Ian Svenonius. Te están robando el alma funciona como a continuación perfecta do xenial Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock, aínda que toda a súa producción literaria é un contínuo de reflexión, prédica e derribo da homoxeneización cultural e social dos tempos que vivimos. 
A edición orixinal foi publicada xa no 2015 ("Censorship Now!!", Akashic Books) e está composto, como é habitual na súa obra, dunha serie de ensaios breves que dan forma a unha chamada á transformación social. Reflexiona sobre a standarización do consumo de música a través das diabólicas plataformas de streaming, das grandes compañía comerciais, e a xentrificación dos festivais de música como apéndices de control dos individuos polo sistema, nunha partida máis da xeopolítica internacional. Todo exposto con títulos tan certeros como 'Te animaron a bailar twist sin tocar a tu pareja para aislarte en un nuevo mundo individualista' ou 'Te engancharon a series de HBO para que solo quisieras comprar y mirar. Nunca crear'. Trece capítulos de humor delirante pero cheo de verdades coma puños. Enorme Svenonius!
Tardamos en facernos con el, pero xa o estamos devorando.
IAN SVENONIUS "Te están robando del alma"
(Blackie Books, 2017)



martes, 20 de marzo de 2018

Jimi Hendrix "Both Sides of the Sky"

Máis edicións de Hendrix. Nos últimos tempos chegan case que tódo-los anos, algunha con tema novo, pero normalmente con tomas inéditas de pezas máis que coñecidas, sexan de estudio ou en directo.
Agora é o turno de "Both Sides of the Sky", que continúa a serie de "Valleys of Neptune" (2010) e "People, Hell and Angels" (2013), que conforman unha triloxía na que se recollen gravacións durante as sesións de "Electric Ladyland" entre o 67 e o 68, aínda que tamén novas tomas posteriores dos mesmos temas que datan ata de 1970, de xeito que algunhas están interpretadas pola Jimi Hendrix Experience, con Mitch Mitchell e Noel Redding, e outras coa Band of Gypsys, con Buddy Miles e Billy Cox, ademáis da aparición de Johnny Winter, Stephen Stills e o Saxofonista Lonnie Youngblood. 
Así que, coma sempre, novidades poucas. O máis destacable é unha versión previa de 'Woodstock' á que xa estaba editada, a versión do 'Things I used to do' de Guitar Slim coa colaboración de Johnny Winter, e para rematar 'Cherokee Mist', uoutra toma da xa coñecida alongada a ta sete minutos a modo de improvisación con ritmos tribais e as notas do Purple Haze. 
Máis do mesmo de sempre, pero fantástico para coleccionistas.

JIMI HENDRIX "Both Sides of the Sky"
(Hendrix Experience / Legacy, 2018)



lunes, 19 de marzo de 2018

Dark Black & Marinocha

O próximo fin de semana teremos sesión dobre no ciclo OSLF?.
O venres 23 debuta na nosa cabina Dark Black, e o sábado 24 será o turno de Marinocha, que ven con ganas... Non vo-lo perdades!